Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Xuño 2010)Voltar á páxina principal de PAS-UGTSubscribirse ou  abandoar  PAS-UGT (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Wed, 9 Jun 2010 11:32:21 +0200
Reply-To:     ugt <ugt_usc@USC.ES>
From:         ugt <ugt_usc@USC.ES>
Subject:      Precisamos do 100% dos traballadores
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

A sección de FETE UGT na USC quixera agradecer a participación rexistrada este 8 de xuño nas concentracións convocadas no Campus de Santiago e en Lugo para manifestar o rexeitamento dos traballadores e traballadoras ás medidas económicas do Goberno.

Non podemos estar nin satisfeitos nin orgullos dos datos de participación, porque non fomos quen de mobilizar ao 100% dos traballadores e traballadoras. Tampouco imos valorar si os datos de participación foron do 10%, o 50% ou o 80%, porque nunca se acadará un acordo neste senso.

Estamos agradecidos a todas as persoas que o 8 de xuño entenderon que o silencio non é unha postura asumible fronte ás medidas impostas polo goberno para superar a actual situación económica. Os apoios recibidos na xornada do 8 de xuño son esenciais para establecer o poder de negociación dos sindicatos arredor das reformas inxustas e inxustificadas que se pretenden impor.

Convidámosvos a compartir na nosa WEB algunhas das imaxes das concentracións do pasada martes diante da Reitoría da USC e tamén no campus de Lugo http://www.usc.es/sindicatos/ugt

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PAS-UGT, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PAS-UGT --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-UGT