Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Maio 2010)Voltar á páxina principal de PAS-UGTSubscribirse ou  abandoar  PAS-UGT (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Fri, 14 May 2010 11:55:34 +0200
Reply-To:     Seccion Sindical UGT <ugt_usc@USC.ES>
From:         Seccion Sindical UGT <ugt_usc@USC.ES>
Subject:      Recortes salariais. Eleccións rectorais
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

Benqueridos Compañeiros e Compañeiras:

Os recortes dos salarios, pensións, pulo á dependencia/conciliación, etc., bombardeanos, amosando unha grave actualidade. Na sección sindical de FETE UGT, dentro da preocupación polas medidas anunciadas, polas súas causas e polas súas consecuencias, estamos a analizalas polo miudo. Tal análise danos pé para amosarnos AINDA máis alarmados.

FETE UGT na USC únese ás mobilizacións que desde o noso sindicato, e desde os outros de clase estánse a convocar. IREMOS DANDO NOTICIA PUNTUAL.

FETE UGT fai un chamamento aos candidatos a reitor para que aclaren no seu discurso as súas propostas e o seu posicionamento fronte a esta situación.

É evidente que os recortes xerais terán as súas consecuencias na Universidade. Pero,interésanos coñecer como ven os candidatos a súa aplicación na USC.

- Volveremos a ter xerentes extrella, importados para "solucionar" o que nin coñecen?

- Imos invertir en imaxe por riba de todo?

- Ou, imos ser consecuentes: a USC a fan os seus cadros de persoal (funcionarios, laborais, contratados,... e precarios). O personal da USC xa está modestamente retribuido, sufre anos de dificultades na promoción, e abundan demasiado os contratos temporais.

Pedimos ós candidatos a reitor que xa responderon a esquisa (ver http://www.usc.es/sindicatos/ugt), que fagan pública a súa visión sobre a crise... E QUE SE UNAN AS MOVILIZACIÓNS SINDICAIS QUE ESTAMOS A CONVOCAR E DAS QUE DAREMOS NOTICIA NOS VINDEIROS DÍAS.

ESIXIMOS DO CANDIDATO QUE RESULTE ELEXIDO QUE SE COMPROMETA A RESPETAR AOS TRABALLADORES DESTA INSTITUCIÓN, PARTICULARMENTE AOS MÁIS DEBILES. ESIXIMOS O RESPETO RETRIBUTIVO, E SOBRE TODO DE ESTABILIDADE NO TRABALLO!!!!!

FETE UGT NA USC

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PAS-UGT, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PAS-UGT --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-UGT