Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Abril 2010)Voltar á páxina principal de USC-DIFUSIONSubscribirse ou  abandoar  USC-DIFUSION (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Thu, 22 Apr 2010 13:49:11 +0200
Reply-To:     Vicerreitoría de cultura <vrcultur@USC.ES>
Sender:       "Difusión xeral a toda a USC." <USC-DIFUSION@LISTAS.USC.ES>
From:         Vicerreitoría de cultura <vrcultur@USC.ES>
Subject:      II Edición do Verán CampUSC
Content-Type: multipart/alternative;

Anúnciase que se está a preparar, en condicións semellantes ás do ano 2009, a II Edición do Verán CampUSC , VERÁN CAMPUSC 2010, Organizado pola Fundación USC Deportiva por encomenda da Vicerreitoría de Cultura e coa colaboración do Centro Xuvenil Don Bosco. Como na edición anterior, o Verán CampUSC 2010 será un campamento de verán dirixido a rapaces/zas de entre 3 a 12 anos, e en horario de 08:45 a 14:15 horas, onde desenvolverán xogos e actividades de tempo libre, xunto coa iniciación en actividades deportivas e de entretemento, tendo en conta as idades das persoas participantes. Tempo de celebración: Dende o primeiro día de vacacións escolares ata o último, agás o mes de agosto. Distribuirase en quendas: 1ª: Finais de xuño; 2ª: Primeira quincena de xullo; 3ª: do 19 ao 23 de xullo; 4ª: do 26 ao 30 de xullo; 5ª: inicios de setembro Lugar de celebración: Santiago de Compostela. Instalacións deportivas do Campus Universitario. En concreto: Pavillón Polideportivo, Campo de Hoquei, Sala de Xadrez, Pista de Atletismo, Sala de Artes Marciais, Sala de Predeporte, Rocódromo, Sala de usos múltiples. Tamén se usará a Carballeira sita ao carón da Piscina Universitaria; e puntualmente a Sala NASA. Actividades: Tanto as deportivas coma as de lecer serán semellantes ás do ano 2009, con algún engadido como “xogos e deportes populares e tradicionais” (chave, billarda, bolos celtas) ou artes escénicas e musicais en colaboración coa Sala NASA. Número de participantes: Máximo de 70 persoas por quenda. Proximamente poñerase información máis detallada a disposición da comunidade universitaria.

Elvira Fidalgo Vicerreitora de Cultura Pazo de San Xerome Universidade de Santiago de Compostela Tf.: 981 559 924, 981 563 100, ext. 11025


[text/html]


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de USC-DIFUSION