Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Abril 2010)Voltar á páxina principal de USC-DIFUSIONSubscribirse ou  abandoar  USC-DIFUSION (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Mon, 26 Apr 2010 09:49:01 +0200
Reply-To:     Duarte Santamarina <duarte.santamarina@usc.es>
Sender:       "Difusión xeral a toda a USC." <USC-DIFUSION@LISTAS.USC.ES>
From:         Duarte Santamarina Ríos
              <duarte.santamarina@USC.ES>
Organization: Departamento de Matemática Aplicada
Subject:      Debate das/os candidatas/os a Reitor en Lugo
Content-Type: multipart/alternative;

Para a súa difusión á comunidade universitaria:

O Comité de Empresa de PDI do Campus de Lugo decidiu organizar un debate aberto a toda a comunidade universitaria entre os candidatos á reitoría da USC o vindeiro *venres 30 de abril as 18:30 h, no Salón de Actos da Facultade de Humanidades* e realiza, por medio desta comunicación, un convite para a túa participación nel.

Confirmaron a asistencia ao mesmo, os seguintes candidatos/as a reitor/a:

*

Pilar Bermejo Barrera

*

Juan Casares Long

*

Lourenzo Fernández Prieto

*

Jaime Gómez Márquez

*

Laura Sánchez Piñón

O moderador do debate será o periodista de "El Progreso": Ignacio Rodríguez Díaz, responsable do Suplemento Campus deste xornal, durante moitos anos.

Desde o Comité de Empresa entendemos que estas eleccións están a xerar unha importante expectación na comunidade universitaria, cun número de candidaturas moi superior a calquera outra contenda electoral. Pensamos que a mellor forma de trasladar os eixos principais dos programas así como de expresar os sinais distintivos de cada candidatura é a través dun debate aberto ao cal agradeceriamos que asistises.

Atentamente,

O Comité de Empresa do PDI do Campus de Lugo


[text/html]


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de USC-DIFUSION