Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Abril 2010)Voltar á páxina principal de USC-DIFUSIONSubscribirse ou  abandoar  USC-DIFUSION (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Tue, 6 Apr 2010 14:15:06 +0200
Reply-To:     pilar.bermejo@USC.ES
Sender:       "Difusión xeral a toda a USC." <USC-DIFUSION@LISTAS.USC.ES>
From:         Pilar Bermejo Barrera <pilar.bermejo@USC.ES>
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

PROCLAMA DA CANDIDATURA DE PILAR BERMEJO BARRERA A REITORIA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Benqueridas compañeiras e compañeiros:

Veño de formalizar a miña candidatura á Reitoría da Universidade de Santiago de Compostela. Paréceme que a situación pola que está a atravesar a nosa Universidade e máis os retos inmediatos que non pode deixar de afrontar, requiren un compromiso adicional de todos nós. Eu, desde logo, na compaña de moitos outros membros de tódolos estamentos da Institución, que comparten conmigo esta inquedanza, estou disposta a asumilo.

Acepto encabezar unha candidatura orientada polo obxetivo primeiro de constituirmos unha Reitoría confiable, que cunha xestión aberta, participativa e integradora, sexa quen de concertar un apoio maioritario da Comunidade Universitaria, porque tamén é maioritario o interés de reforzar as señas de identidade da USC como universidade galega e pública de referencia.

Esa é, certamente, a obriga institucional que nos corresponde: facer país, coa complicidade social e a ambición da excelencia científica. Un compromiso, xa que logo, que pega de frente co fatalismo en que pudéramos estar instalados, convocando, pola contra, a unha movilización académica, individual e colectiva, a prol de reubicar á Universidade de Santiago de Compostela no lugar que Galicia lle demanda.

Sei que sodes moitos os que compartides conmigo este desexo. Sei tamén que algúns creen ter razóns para o desencanto. Pero confío en que todos reconozades a importancia do momento: unha encrucillada, na que parece estar en xogo a linde entre a frustración e a esperanza. Anque só fora por ser fieles ó saber científico que cultivamos, debemos apostar decididamente pola segunda.

Toda a miña vida veu estando relacionada coa Universidade de Santiago de Compostela. Para min é un punto de honra. E quero que o sea tamén para as xeracións que están por vir.

Comprendedesme. Movilizádevos, pois. E cousa nosa.

Pilar Bermejo Barrera (pilar.bermejo@usc.es)


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de USC-DIFUSION