Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Novembro 2009)Voltar á páxina principal de PAS-UGTSubscribirse ou  abandoar  PAS-UGT (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Fri, 6 Nov 2009 13:47:51 +0100
Reply-To:     Seccion Sindical UGT <ugt_usc@USC.ES>
From:         Seccion Sindical UGT <ugt_usc@USC.ES>
Subject:      UN PROBLEMA DE VELLO
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

Benquerid@s compañeir@s:

O vicerreitor de Economía e o xerente presentaron aos sindicatos hai uns días un avance sobre as previsións orzamentarias da USC para o ano 2010. O vicerreitor fixo un percorrido polos recortes orzamentarios que a Xunta prevé levar a cabo sobre as partidas orzamentarias que poidan corresponder à USC e que en cifras se concretarían en aproximadamente 20 millóns de euros menos en 2010. Á vista deste panorama económico para a USC, UGT fai unha serie de reflexións.

Parece evidente que os diferentes equipos reitorais non foron quen de convencer a tres gobernos consecutivos da Xunta de que a USC merecía un Plan de Financiamento máis xeneroso. Por que será? Á vista das informacións recibidas nas centrais e contrastadas por nós, apuntamos a algúns motivos. E facémolo na procura de contribuír a un debate construtivo a prol da USC, e por enriba de todo, a prol DA ESTABILIDADE E CARREIRA PROFESIONAL DO CADRO DE PERSOAL DA USC:

Cremos que entre os problemas que esta institución debe superar para acadar maior financiamento atópanse:

OS GRAVÍSIMOS ERROS DE XESTIÓN: Lembremos despois do duro axuste que supuxo o Plan de Equilibrio Económico Financeiro para os anos 2004, 2005 e 2006,.... a finais deste último ano prodúcense ? fichaxes galácticos? (con incrementos do 70% no salario dos novos altos cargos da USC, fronte aos seus antecesores). Estas contratacións poderíanse cualificarse como sindicalmente HUMILLANTES e eticamente MOI REPROBABLES.

FALTA DE TRANSPARENZA. A USC vense xestionando e dirixindo a "golpe" de Consellos de Goberno. Non se convocan ni tan sequera os claustros normativamente segundo o artigo78.2 dos Estatutos da USC.

Por que un goberno universitario opera de costas á comunidade? Por que as interminables reunións e xuntanzas baleiras coas centrais que só serven para malgastar tempo e esforzos? Unicamente se trata de poñer vendas nos ollos?

A xestión dunha Universidade cinco veces centenaria a cabalo entre Don Tancredo e Dona Bárbara ou Il Cavalieri e o irmán Rufo... non ten contribuído a garantir fiabilidade á USC. SÓ A COHERENCIA NA XESTIÓN, A TRANSPARENZA E A FIABILIDADE SON PILARES PARA OBTER FINANCIAMENTO.

Qué dilema se lle presenta ao actual reitor!!! Arriscarse a presentar no Claustro uns orzamentos tan restritivos para o 2010 que non sexan aprobados polo máximo órgano de representación da comunidade universitaria? Ou ben prorrogar os do 2009 incumprindo un ano mais os Estatutos da USC? De ser así: Qué farán os claustrais? Qué farán as centrais? A nosa postura está clara, non imos consentir que se reproduza o que está a pasar no panorama xeral, qué a crise a están pagando os que non a causaron? e señores, se alguén ten que coller tesoiras que non mire para a parte mais débil.

FETE UGT NA USC. A CRISE NON É ESCUSA PARA AFOGAR AOS TRABALLADORES. N NEGÓCIENSE ORZAMENTOS A PROL DO TRABALLADOR

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PAS-UGT, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PAS-UGT --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-UGT