Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Novembro 2009)Voltar á páxina principal de PAS-UGTSubscribirse ou  abandoar  PAS-UGT (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Tue, 24 Nov 2009 10:05:53 +0100
Reply-To:     Seccion Sindical UGT <ugt_usc@USC.ES>
From:         Seccion Sindical UGT <ugt_usc@USC.ES>
Subject:      25 DE NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE
              XÉNERO
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

Equivocámonos se pensamos que o latexo colectivo contra a violencia de xénero é cuestión dun día puntual ou atende a datas sinaladas. A violencia de xénero debe facernos sentir a todos/as, sen exclusión, cautivos dunha lacra social que unicamente podemos combater se poñemos o empeño colectivo por erradicala.

UGT quere nesta data manifestar a súa solidariedade con todas aquelas persoas que se teñan podido ver involucradas en situacións de violencia de xénero e reiterar a súa enérxica condena á violencia, fora cal cora a súa manifestación.

Como sección sindical na USC, UGT quixera facer un chamamento para traballar nun acordo xeral para a detección e posterior solución de situacións que nesta institución puideran estar a acontecer neste senso, de xeito que se garanta o maior sixilo respecto da intimidade das vítimas pero tamén o maior respaldo para as persoas implicadas. Consideramos sería óptimo poder ofrecer acollemento, asistencia psicolóxica e xurídica, co obxecto de ofrecer seguridade as vítimas e a procura de condeas para quen exerce a violencia.

Por todo elo, no eido do Plano de Igualdade da USC, e ademais estreitamente vinculadas ao Plano de Prevención de Riscos, UGT ven de presentar propostas concretas que en breve colgaremos na nosa web e que vos achegaremos sempre que o queirades con solicitalo ao noso enderezo electrónico ugt_usc@usc.es

SEGUIMOS VIXIANTES, SEGUIMOS NA DEFENSA DOS MAIS DÉBILES.

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PAS-UGT, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PAS-UGT --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-UGT