Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Outubro 2009)Voltar á páxina principal de PAS-UGTSubscribirse ou  abandoar  PAS-UGT (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Tue, 6 Oct 2009 10:26:56 +0200
Reply-To:     Seccion Sindical UGT <ugt_usc@USC.ES>
From:         Seccion Sindical UGT <ugt_usc@USC.ES>
Subject:      Novo curso;NON ESQUECEMOS
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

Benqueridos compañeiros e compañeiras:

Iniciándose o curso académico 2009/2010, o pleno da sección sindical de FETE UGT na USC preséntase ante a Comunidade con renovadas forzas para seguir reivindicando as cuestións que aínda non recibiron solución, e que NON ESQUECEMOS, así como encarando os novos retos que atoparemos.

NON ESQUECEMOS QUE:

- A carreira profesional do PAS Laboral non é un soño. É unha XUSTA REIVINDICACIÓN. As desunións, os "estudos empíricos baleiros", as "xuntanzas traizoeiras" e a falta de interese son os principias obstáculos fronte a esta promoción que, hoxe en día, sería posible pola simple aplicación da LEI.

- A estabilización dos contratados é UNHA ESIXENCIA, non só para outras administracións, non só para outros sectores, TAMEN PARA O PAS. O que resulta desconcertante neste senso é a estratexia dos responsables da xestión de persoal, que sen dúbida aplican a do avestruz. E, por favor, non aludamos agora á crise, porque o asunto non é novo.

-A asignación de subas e complementos retributivos ao PAS FUNCIONARIO non PODE ser a vía para incrementar as discriminacións da meirande parte dos grupos, para favorecer só AOS QUE NON CONSTA REFERENCIA NO SUG. http://www.usc.es/sindicatos/ugt

UGT, asina acordos, e ESIXE O SEU CUMPRIMENTO. Que foi dos desequilibrios que o PEF ía solventar? Que pasou co estudo do cadro de persoal que tantos cartos custou? Que se fixo COA convocatoria dunha mesa de negociación que está paralizada?

UGT foi da opinión que era mellor ter prolongada a duración dos convenios para evitar que os traballadores da USC se visen afectados polos recortes orzamentarios... Non será que precisamente quen avogaron (e gañaron) a favor de "acorditos" de curta duración... fosen quen de meter o "gol" de subas selectivas para só os moi select@s? QuÉ FOI DOS procesos de estabilización que a xerencia tratou de vender a quen quixo mercar mercadorías/MOEDAS falsas?. IMOS DECIRVOLO/DIREMOSVOLO: Para máis información ugt_usc@usc.es

SEGUIMOS TRABALLANDO, E SEGUIMOS INFORMANDO CON RENOVADOS ÁNIMOS TRALO VERÁN. FETE UGT NA USC

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PAS-UGT, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PAS-UGT --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-UGT