Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Xuño 2009)Voltar á páxina principal de PDI-CCOOSubscribirse ou  abandoar  PDI-CCOO (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Mon, 8 Jun 2009 11:49:54 +0200
Reply-To:     "Sección Sindical CC.OO"
              <ccoo_usc@USC.ES>
From:         "Sección Sindical CC.OO"
              <ccoo_usc@USC.ES>
Subject:      Reclama o que che deben, outra vez!
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; format=flowed

Reclama o que che deben, outra vez!

CCOO veu denunciando que o PDI somos os únicos empregados públicos discriminados salarialmente polo pago incompleto do específico nas pagas extra.

Os nosos compañeiros do ensino non universitario en Galicia xa cobran pola totalidade dos complementos específicos e non só polo específico xeral.

Noutras comunidades autónomas, como a andaluza, o PDI das universidades cobrou o 33,33 % da totalidade do complemento específico en 2007, o 66,67% en 2008, e cobrará o 100% en 2010.

Ademais, na mesa sectorial, as universidades galegas non amosaron ningunha disposición a negociar o pago dos complementos nas pagas extra; polo contrario, pretendía a usar aos traballadores como ariete contra a consellería para conseguir aumentos orzamentarios, pero sen intención de pagar o que nos deben. Nós facemos o traballo e eles reciben máis orzamento, pero non pagan correctamente.

Non esquezas que o Complemento Específico comprende:

1. O Compoñente Xeral do Complemento Específico. 2. O Compoñente do Complemento Específico por Méritos Docentes. (Quinquenios) 3. O Compoñente Singular do Complemento Específico polo Desempeño de Cargos

Académicos.

CCOO reclama que o incremento do Complemento Específico nas pagas extra do PDI das universidades galegas sexa análogo a como se incrementou o Complemento de Destino: o 33,33 % en 2007 e o 66,67% en 2008 e 100% en 2009, pero ¡de todo o complemento específico!

Para non perder o teu dereito e importante,

¡Reclama Xa!

Podes atopar os modelos de reclamación e as táboas coas cantidades a reclamar no enderezo: http://www.usc.es/sindicatos/ccoo nas seccións de *PDI Funcionario* e de *PDI Laboral*

¡Faino antes de que acabe xuño!

*Locais Sindicais CC.OO * Casa dos Catedráticos Campus sur 15782 Santiago de Compostela

Tlfno contacto: 14343

*email:ccoo_usc@usc.es <mailto:ccoo_usc@usc.es>*

http://www.usc.es/sindicatos/ccoo **

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PDI-CCOO, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PDI-CCOO --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PDI-CCOO