Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Marzo 2009)Voltar á páxina principal de LUGO-DIFUSIONSubscribirse ou  abandoar  LUGO-DIFUSION (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Thu, 5 Mar 2009 09:35:15 +0100
Reply-To:     Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo
              <vrlugo@USC.ES>
Sender:       Difusión de mensaxes de interés xeral ó campus de Lugo
              <LUGO-DIFUSION@LISTAS.USC.ES>
From:         Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo
              <vrlugo@USC.ES>
Subject:      Actividade sociedade científica SigmaXi
Comments: To: lugo-difusion@srlistas.usc.es
Content-Type: multipart/alternative;

Por se fora do seu interés, informase da seguinte actividade:

Mañá venres, 6 de marzo, ás 19:00 no Café do Pousadoiro (inmediacións do Parque Rosalía) terá lugar un novo café científico que tratará sobre A reforma agraria e o medio ambiente en Brasil.

Teremos como invitado a José Ambrósio Ferreira Neto, Profesor da Universidade Federal de Viçosa (Estado de Minas Gerais) e Profesor visitante na Universidade de Santiago. É coordenador do proxecto Assentamentos, de incentivación do programa de reforma agraria e de mellora da calidade de vida dos traballadores rurais.

Este café científico ten lugar cada primeiro venres de mes e trata de temas científicos de actualidade. Busca abrir un novo espazo de comunicación entre o mundo da investigación científica e tecnolóxica e a sociedade, acercando a ciencia ós cidadáns para facela intelixible.

O Café científico está organizado pola sección ibérica da sociedade científica Sigma Xi, The Scientific Research Society.

Calquera interesado no debate científico está invitado a participar.

Lugo, 5 marzo 2009

Urbano Fra

Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo

Secretaría

Pazo de Montenegro

Praciña da Universidade s/n. 27001 Lugo

Tfno.: 34 982 28 59 00 Ext. 21501 / 34 982 28 59 15

Fax.: 34 982 28 59 14

E-Mail: vclugose@lugo.usc.es; vrlugo@usc.es

----------------------------


[text/html]


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de LUGO-DIFUSION