Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Febreiro 2009)Voltar á páxina principal de USC-DIFUSIONSubscribirse ou  abandoar  USC-DIFUSION (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Thu, 19 Feb 2009 14:04:29 +0100
Reply-To:     Isabel Casal <mabela.casal@USC.ES>
Sender:       "Difusión xeral a toda a USC." <USC-DIFUSION@LISTAS.USC.ES>
From:         Isabel Casal <mabela.casal@USC.ES>
Subject:      Obras de mellora na Biblioteca Xeral
Content-Type: multipart/alternative;

O vindeiro dia 25 de febreiro comezan as obras de mellora do teito e alumeado da sala de lectura da Biblioteca Xeral da USC cunha duración estimada de dous meses. Esto supon o peche da devandita sala, pero mantéñense abertas as outras salas da Biblioteca: Hemeroteca, Investigadores e Información Bibliográfica.

Para evitar causar o menor perxuizo posible aos usuarios, o servizo de préstamo a domicilio centralizarase na sala de prestamo rápido, na entrada da Biblioteca Xeral, e cun sistema de peticións anticipadas na propia biblioteca e nos distintos puntos de servizo da BUSC. Na páxina web da BUSC (http://busc.usc.es/) e nos diferentes puntos de servizo da Biblioteca Universitaria poderase atopar mais información ao respecto.

Ainda que a previsión é manter os accesos habituais ás diferentes salas da Biblioteca Xeral, é posible que ocasionalmente poidan verse alterados por causa das obras de mellora. Neste caso informarase coa antelación oportuna.

Dende a Dirección da Biblioteca Universitaria agradecemos a comprensión dos usuarios, ante uns traballos que poden xerar molestias puntuais, pero que redundarán, cando rematen, nunha mellora evidente das condicions da Sala de Lectura da Biblioteca Xeral.

Un cordial saúdo

Mª Isabel Casal Reyes

Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela

Directora

C/ Franco, s/n 15782 Santiago de Compostela (A Coruña) Teléfono: 981 559900 Extensión 11087 Ext. móbil 44399 <mailto:bxecasal@usc.es> mabela.casal@usc.es


[text/html]


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de USC-DIFUSION