Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Xullo 2008)Voltar á páxina principal de PAS-UGTSubscribirse ou  abandoar  PAS-UGT (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Mon, 14 Jul 2008 11:05:53 +0000
Reply-To:     ezequiel.vazquez@USC.ES
From:         ezequiel.vazquez@USC.ES
Subject:      CONVENIO COLECTIVO. ASEMBLEA, VOTO E POSICIONAMENTO.
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

Compañeiros e compañeiras

A porcentaxe de traballadores e traballadoras que asistíchedes ás Asembleas de Santiago (30 xuño) e Lugo (1 xullo) e dos que votáchedes, sitúase en torno a un 30% do PAS Laboral. UGT agradece a participación e asume a parte de culpa que lle poda corresponder pola escasísima capacidade de convocatoria das Centrais sindicais diante do cadro de persoal. Desculpámonos e estudaremos as nosas actuacións para nun futuro, ser quen de estar a carón voso.

Os escasos resultados a favor do Si ao Convenio amosan a escasa ilusión que o anteproxecto ou preacordo suscita.

Transcurridos algúns días velaí As nosas reflexións e a posición de UGT:

1.- Foron menos de 150 os que votaron SI. Aínda así, o resultado do Referéndum é a favor. UGT non se situará á marxe da vontade libremente expresada polos traballadores. Iso si, tratará de descifrala

2.- A escasísima participación, a relativa diferenza cos que (en Santiago) non votaron ?SI?, e o feito de que estamos diante dun antreproxecto ou preacordo anímanos a procurar que, o texto definitivo recolla algunhas das inquedanzas manifestadas nas Asembleas: Equiparación salarial no 2009, Carreira Profesional XA, e CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO DOS CONTRATADOS.

3.- Cremos posible (de existir vontade sindical unida) incluír os seguintes aspectos no Convenio nun prazo inmediato e sen adiar a sinatura máis alá de Xullo: - PLENA equiparación salarial no ano 2009 ( e non só no 2008) - DEREITO A PROMOCION acorde a experiencia e formación (redución de grupos IV-2; III.3; II-2 e I-2) - CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO e estrutura xusta de oposicións

4.- UGT conta, polo de agora, con 2 representantes de 12 na parte social da Mesa sindical de negociación. Con ista representatividade, e con todos os esforzos dos seus delegados e delegadas, UGT DEFENDERÁ EN TODAS AS MESAS , INSTANCIAS OS TRES PUNTOS ANTES DITOS, como xa así o ben manifestando en todos os foros de representación nos que actualmente participa.

5.- En relación co convenio, UGT ACTUARÁ CONFORME AOS DESEXOS EXPRESADOS POLO CADRO DE PERSOAL, procurando (coa forza da súa representación aínda minoritaria na USC) que as inquedanzas manifestadas nas Asembleas non sexan unha vez máis adiadas SENÓN QUE SEXAN SOLVENTADAS XA!!!!!

Para máis aclaracións ou comentarios escribide a ugt_usc@usc.es.

UGT SEGUIMOS TRABALLANDO E SEGUIMOS INFORMANDO UGT PRIMEIRA FORZA SINDICAL GALEGA

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PAS-UGT, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PAS-UGT --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-UGT