Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Xullo 2008)Voltar á páxina principal de PAS-UGTSubscribirse ou  abandoar  PAS-UGT (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Thu, 31 Jul 2008 10:36:16 +0000
Reply-To:     ezequiel.vazquez@USC.ES
From:         ezequiel.vazquez@USC.ES
Subject:      CONVENIO:MIRANDO AO FUTURO.
Comments: cc: ugt_usc@usc.es
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

Compañeiros e Compañeiras:

O 30 de xullo rubricouse o máis recente texto do Convenio Colectivo, para a súa tramitación na Xunta de Galicia.

Como vimos anunciando, UGT respecta os resultados do referendo (aínda que fosen só 132 os traballadores que votaron a favor, son maioría). Ademais, na Xuntanza da mesa negociadora, UGT leu e entregou o seguinte escrito.

UGT mantén a súa vontade de achegar aos máis completos acordos. Aos efectos da Acta da negociadora do Convenio UGT fai constar:

- Que É LAMENTABLE que un Convenio que previsiblemente se publicará no DOG a partires de outubro, é dicir, que entrará en vigor nos derradeiros 3 meses do 2008... teña como vixencia decembro de 2008..... (contrariamente ao que UGT ven pedindo )

- Que considera que vense de PERDER unha excelente OPORTUNIDADE para garantir condicións salariais en 2009; reducir grupos profesionais a favor da carreira profesional do PAS; introducir un plano de promoción e de ESTABILIZACION de CONTRATADOS

- Que ASUME a parte da culpa que lle corresponda nunha negociación que considera complexa, dura, chea de cambios lexislativos e agora rematada nunha delicada situación de crise xeral.

- Que UGT apoia o Convenio coas reticencias sinaladas e INSTA ás partes para que desde este momento: SE INICIEN NEGOCIACIÓNS EN RELACIÓN COS PUNTOS ANTERIORMENTE SINALADOS, e máis en concreto con:

o Salarios 2009 e en adiante

o Redución de Grupos do PAS Laboral

o Carreira Profesional e Promocións

o Plano de estabilización

A estas reclamacións engadimos as que UGT ten presentado na mesa de negociación do Convevio (creación de prazas, reclasificacións, simplificación das probas de acceso e de promoción, xornadas, etc)

Esperamos agora a resposta da XERENCIA a este escrito que foi adiantado na mesa.

Aínda no chuvioso verán... SEGUIMOS TRABALLANDO E SEGUIMOS INFORMANDO .

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PAS-UGT, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PAS-UGT --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-UGT