Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Xullo 2008)Voltar á páxina principal de PAS-UGTSubscribirse ou  abandoar  PAS-UGT (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Wed, 16 Jul 2008 11:40:05 +0000
Reply-To:     ezequiel.vazquez@USC.ES
From:         ezequiel.vazquez@USC.ES
Subject:      CONTINUACIÓN AO COMUNICADO DE UGT.
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

Compañeiros e compañeiras

Se 130 traballadores, dun cadro de máis de 1.000, respaldan o convenio e polo tanto constitúen a maioría...., non será que esta proposta de Convenio non ilusiona?. Se na última asemblea falouse de Preacordo ou de Anteproxecto, non haberá espazo para a mellora?. E, polo tanto, se as Centrais maioritarias e mais a xerencia pretendían que o "PREACORDO" fose o texto definitivo... non deberían telo expresado así nas asembleas?

Insistimos en que o convenio debe ser máis ambicioso, porque os problemas que temos así o esixen: temos un grave problema de temporalidade no emprego, ausencia total de carreira profesional para o PAS. Ademais, se o PREACORDO establece que o CONVENIO remata en DECEMBRO 2008, non deberiamos garantir dalgún xeito os incrementos salariais de 2009? Non deberíamos engadir un anexo comprometendo á USC a CONSOLIDAR EMPREGO? Non deberiamos engadir un anexo para a redución de Grupos e o o desenvolvemento da CARREIRA PROFESIONAL?

Na actual situación económica global, se as centrais non son quen de acadar pactos PLURIANUAIS que intenten paliar as miserias dos traballadores, quen o fará?. Se as Centrais sindicais non son quen de pechar acordos para o PAS, como mínimo, lixeiramente mellores que os "regalados" polo Claustro.... para que serven as centrais?. Que se fixo nunha negociación de 4 anos ... lixeirísimos cambios fronte ao anterior Convenio????.

A estas alturas, UGT, aínda que minoritaria na USC, non renuncia a seguir sendo a testemuña incómoda, a voz da denuncia...

Sabemos que o tempo pon as cousas no seu sitio. Aínda que non podemos deixarnos de preguntar porque os que non loitan porque a esta alturas do ano o convenio garanta ao menos OS INCREMENTOS DOS SALARIOS DE 2009, ...... tampouco asumen a necesidade de loitar porque ESTE CONVENIO INCLÚA UN ANEXO PARA A ESTABILIZACIÓN DE CONTRATADOS, REDUCCIÓN DE GRUPOS E CARREIRA PROFESIONAL.

UGT.- SEGUIMOS TRABALLANDO E SEGUIMOS INFORMANDO

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PAS-UGT, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PAS-UGT --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-UGT