Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Xullo 2008)Voltar á páxina principal de PAS-UGTSubscribirse ou  abandoar  PAS-UGT (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Wed, 16 Jul 2008 10:49:13 +0000
Reply-To:     ezequiel.vazquez@USC.ES
From:         ezequiel.vazquez@USC.ES
Subject:      COMUNICADO UGT
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

Compañeiros e compañeiras

Durante os últimos anos nos que UGT vén comunicando os seus puntos de vista sobre as negociacións sindicais na USC, fomos obxecto de ataques constantes en privado e en publico.

Hai dous días UGT remitiu un comunicado que aparece nas listaxes de distribución a nome do noso secretario de organización Ezequiel Vazquez. Esta situación é consecuencia dos recentes cambios nas contas que deixaron ao sindicato sen enderezo electrónico propio. ATE QUE DITA SITUACIÓN POIDA SER CORRIXIDA, OS NOSOS COMUNICADOS LEVARÁN O NOME OU NOMES DAS CONTAS QUE A USC NOS ASIGNOU.

No dia de hoxe aparece nas listaxes unha mensaxe alusiva aos nosos mensaxes e á nosa posición comunicativa. A mensaxe ou mensaxes enviada desde a conta Ezequiel Vázquez representan á SECCIÓN SINDICAL, quen apoia o seu contido, forma e tempo.

Cremos que o silencio nunca é produtivo e consideramos que manter informados aos traballadores é unha obriga a que non se pode renunciar. Do mesmo xeito criticamos o falar a destempo (léase a invitación dixital a participar nas votacións do convenio xusto cando esa votación se está a celebrar). Nun tema como o do convenio se cadra posúe un maior peso.

En calquera caso, porque UGT decidira comunicar as súas "teimas" non escoitadas nas negociacións, non se debe interpretar como unha evidencia da desunión sindical senón como un mero exercicio dos nosos dereitos e obrigas como representantes sindicais.

A baixa participación na votación do preacordo do convenio, tanto en Santiago como en Lugo, e a escasísima presenza de traballadores nas asembleas son para UGT exemplos do que provoca unha POLITICA DE SILENCIO E AGOCHAMENTO.

En ningunha xuntanza da MESA NEGOCIADORA deuse oficialmente por rematado o proceso. Pero a estas alturas, case dá igual. A práctica de aprobación retrasada de ACTAS, (apoiada pola xerencia e cos parabéns das centrais excepto UGT) SERÁ UTILIZADA PARA CERTIFICAR O QUE CONVEÑA aos que MANDAN.

UGT NON SE MANTERÁ Á MARXE DOS REFERENDOS, PERO DESDE DENTRO LOITAREMOS PARA QUE A SILENCIOSA MAIORIA SEXA ESCOITADA

SEGUIMOS TRABALLANDO E SEGUIMOS INFORMANDO

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PAS-UGT, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PAS-UGT --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-UGT