Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Xullo 2008)Voltar á páxina principal de PAS-CCOOSubscribirse ou  abandoar  PAS-CCOO (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Mon, 14 Jul 2008 12:11:08 +0200
Reply-To:     "CC.OO" <ccoo_usc@USC.ES>
From:         "CC.OO" <ccoo_usc@USC.ES>
Subject:      Reunión co rector
Comments: To: pas-ccoo@srlistas.usc.es
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; format=flowed

CCOO RECLAMA DO REITOR UN MAIOR COMPROMISO COA ESTABILIZACIÓN DO PAS E A PROFESIONALIZACIÓN DA XESTIÓN Na xuntanza solicitada por CC.OO participou tamén o Xerente

CC.OO reuniuse este mércores co Reitor para demandar da USC políticas activas de consolidación do persoal contratado e de mellora na profesionalidade da xestión dos distintos servizos. En canto á estabilización do persoal expuxemos a situación creada con respecto ás últimas oposicións de carácter mais masivo (Auxiliares administrativos, Auxiliares de Bibliotecas, A.T.I) con unha clara desproporción entre a dificultade nos exames eliminatorios e as titulacións esixidas para o acceso así como coas funcións a realizar.

Como consecuencia persoas con moitos anos de desempeño eficaz no seu traballo, que moitas veces non tiveron oportunidade de presentarse a oposicións porque estas non se convocaron, vense agora coa tarxeta do paro na carteira.

Situación que se produce cando a sociedade en xeral aposta pola redución da temporalidade, tanto na empresa privada coma na administración pública. Tanto nun ámbito coma no outro nos últimos anos se ten chegado a acordos moi importantes entre os interlocutores sociais que mesmo derivaron en modificacións lexislativas.

Neste sentido o obxectivo da reunión era solicitar un maior compromiso, tamén por parte da USC, coas políticas activas de estabilización do persoal temporal e reclamar a consecuente reorientación das probas selectivas, en canto á súa configuración e nivel de esixencia.

O Reitor pola súa parte, que estaba acompañado polo Xerente, manifestou que se produciran situacións non desexables que prexudicaban en primeiro lugar aos afectados pero tamén á propia institución. Amosou o seu acordo en realizar axustes que faciliten o acceso á condición de fixo do persoal contratado e considerou como adecuadas as políticas de valorar o tempo traballado e cinguir estritamente os exames ás titulacións requiridas e aos temarios que figuran nas convocatorias.

En canto ao tema da profesionalidade na xestión, expresamos a nosa preocupación porque non só non se produciron os avances prometidos, cando xa pasamos o ecuador do mandato, senón que incluso houbo retrocesos importantes. Puxemos como exemplo disto a proliferación de asesores que interfiren nos servizos sen respectar a competencia nin a profesionalidade na xestión da dirección técnica dos mesmos.

Por outra parte preguntamos polo tema das prazas que se ofertarán aos administrativos da última oposición e respondéronos que aínda que son 15 se ofertarán as 30 prazas convocadas.

Sección Sindical CC.OO Locais Sindicais Campus Sur Extensión 14343 mailto:ccoo_usc@usc.es http://www.usc.es/sindicatos/ccoo

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PAS-CCOO, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PAS-CCOO --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-CCOO