Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Xuño 2008)Voltar á páxina principal de PAS-UGTSubscribirse ou  abandoar  PAS-UGT (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Tue, 10 Jun 2008 11:36:41 +0200
Reply-To:     ugt_usc@USC.ES
From:         ugt_usc@USC.ES
Subject:      OPOSICIÓNS PAS USC:
              Estabilizacións, 
              promocións
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

Estimados compañeiros e compañeiras:

Nas últimas convocatorias de oposicións -auxiliares administrativos, auxiliares de biblioteca, procesos específicos de Grupo I, etc- moitos compañeiros/as cun longo historial contractual na Universidade de Santiago -en moitos casos de máis de dez anos- teñen esgotado novamente as súas posibilidades de afianzar a súa traxectoria profesional na USC. Neste senso resulta particularmente chamativa a convocatoria de auxiliares administrativos onde quedaron vacantes unha portentaxe elevadísima de prazas. Desde hai anos UGT vén insistindo e apelando a que USC mire ao seu redor,onde outras administracións públicas teñen asumido a necesidade, a pertinencia, a oportunidade e a eficacia de desenvolver PLANS DE ESTABILIZACIÓN E PROMOCIÓN DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS. Asi nos manifestamos, entre outros, nos nosos escritos de decembro 2005, 2006, novembro 2007 e marzo 2008, http://www.listas.usc.es/listas/pas-ugt.html, así como nas intervencións dos nosos representantes nas Asambleas de Traballadores.

A USC debe rematar dunha vez cunha política de contratacións temporais que ESTÁN A CONDICIONAR NO PERSOAL E NO PROFESIONAL A CENTOS DE TRABALLADORES, QUE DESPOIS DE ACREDITAR DURANTE MOITOS ANOS A SÚA VALÍA PROFESIONAL XÓGANSE AS SÚAS CARTAS DE ESTABILIZAR O POSTO A UNHA SOA CARTA, VALÉNDOLLE DE POUCO A EXPERIENCIA ACUMULADA.

AVALAN OS NOSOS COMENTARIOS O MARCO LEXISLATIVO GALEGO, O ESPAÑOL E O EUROPEO AO PERMITIR POÑER FIN AO ABUSO DE CONTRATACIÓNS TEMPORAIS A TRAVÉS DA CONSIDERACIÓN DE TRABALLADORES FIXOS OU INDEFINIDOS A AQUELES QUE NA ACTUALIDADE SON VÍTIMAS DESTA INESTABILIDADE.

Por riba das siglas particulares facemos un chamamento ás restantes centrais sindicais e ao conxunto de traballadores da USC -xa sexan funcionarios ou laborais- para que deixando as nosas diferenzas traballemos do mesmo lado defendendo os intereses reais de todos os compañeiros desta institución. É hora de que falemos cunha única voz e de que adoptemos as medidas reivindicativas que sexan necesarias para rematar dunha vez cunha das lacras da nosa situación laboral. Trátase dun problema colectivo que require SOLUCIÓNS COLECTIVAS.

Seguimos Traballando e Seguimos Informando. UGT, Primeira Forza Sindical Galega

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PAS-UGT, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PAS-UGT --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-UGT