Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Xuño 2008)Voltar á páxina principal de PAS-UGTSubscribirse ou  abandoar  PAS-UGT (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Thu, 19 Jun 2008 14:07:06 +0200
Reply-To:     ugt_usc@USC.ES
From:         ugt_usc@USC.ES
Subject:      CONVENIO?, OU BO CONVENIO?
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

Compañeiros e compañeiras de LUGO e de SANTIAGO:

A precariedade non se mide unicamente en soldos equiparados coas outras universidades. Precariedade é a cualidade do precario: "de pouca estabilidade ou duración", "que non posúe os medios ou recursos suficientes", entre outras acepcións... PRECARIOS SOMOS TODOS!!!!

NOS ACTUAIS PROCESOS DE NEGOCIACIÓN, UGT vén DENUNCIANDO E FACENDO VALER DESDE HAI XA MOITO TEMPO que DEMASIADOS traballadores desta universidade desenvolven o seu traballo en réxime de CONTRATOS ENCADEADOS (OU NON), afectados por cambios "políticos" ou beneficiados con eles. Unha importante porcentaxe de traballadores sofre unha total falta de recoñecemento a súa FORMACIÓN E EXPERIENZA PROFESIONAL. ESIXIMOS ESTABILIDADE E CARREIRA

Como acción inmediata O CONVENIO debe recoller compromisos sobre:

1.- Estabilizacións: Un PLAN DE ESTABILIZACIÓN DE CONFORMIDADE COA Directiva 1999/70/CE que vén de ser expresamente declarada aplicable ao sector público e con efecto directo polo Tribunal da UE (xa o adiantamos na última Asemblea de traballadores PAS).

2.- ESTUDO DO CADRO DE PERSOAL con Garantías LABORAIS. Debe orientarse á SIMPLIFICACIÓN E RACIONALIZACIÓN DOS POSTOS DE TRABALLO: Redución de Grupos conforme ao Estatuto do Empregado Público, recoñecemento da especialización do PAS, evitar a substitución de traballadores por contratacións empresariais externas; garantir que non haberá amortizacións nin conxelacións de salarios e que existirá un procedemento áxil para informar e para a resolución de conflitos.

3.- PLANO DE PROMOCIÓN, CARREIRA E RECOÑECEMENTO PROFESIONAL E ECONÓMICO DAS ESPECIALIZACIÓNS DO PAS (sen modificacións arbitrarias ou "políticas" da RPT, senón explicadas tecnicamente, pactadas e consentidas expresamente por cada afectado cuxos dereitos adquiridos se manteñan).

Todo isto parécenos de sentido común, preguntámonos non obstante se haberá ou non haberá acordo

PRECARIOS SOMOS TODOS!!! E ENTRE TODOS PODEMOS CAMBIAR

SEGUIMOS TRABALLANDO E SEGUIMOS INFORMANDO UGT PRIMEIRA FORZA SINDICAL GALEGA

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PAS-UGT, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PAS-UGT --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-UGT