Mensaxe anterior (máis nova) Mensaxe posterior (máis vella) Mensaxe anterior (máis nova)  co mesmo temaMensaxe posterior (máis vella)  co mesmo temaMensaxe anterior (máis nova)  do mesmo autorMensaxe posterior (máis vella)  do mesmo autorPáxina anterior (Xuño 2008)Voltar á páxina principal de PAS-UGTSubscribirse ou  abandoar  PAS-UGT (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Thu, 19 Jun 2008 14:07:06 +0200
Reply-To:     ugt_usc@USC.ES
From:         ugt_usc@USC.ES
Subject:      CONVENIO?, OU BO CONVENIO?
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

Compañeiros e compañeiras de LUGO e de SANTIAGO:

A precariedade non se mide unicamente en soldos equiparados coas outras universidades. Precariedade é a cualidade do precario: "de pouca estabilidade ou duración", "que non posúe os medios ou recursos suficientes", entre outras acepcións... PRECARIOS SOMOS TODOS!!!!

NOS ACTUAIS PROCESOS DE NEGOCIACIÓN, UGT vén DENUNCIANDO E FACENDO VALER DESDE HAI XA MOITO TEMPO que DEMASIADOS traballadores desta universidade desenvolven o seu traballo en réxime de CONTRATOS ENCADEADOS (OU NON), afectados por cambios "políticos" ou beneficiados con eles. Unha importante porcentaxe de traballadores sofre unha total falta de recoñecemento a súa FORMACIÓN E EXPERIENZA PROFESIONAL. ESIXIMOS ESTABILIDADE E CARREIRA

Como acción inmediata O CONVENIO debe recoller compromisos sobre:

1.- Estabilizacións: Un PLAN DE ESTABILIZACIÓN DE CONFORMIDADE COA Directiva 1999/70/CE que vén de ser expresamente declarada aplicable ao sector público e con efecto directo polo Tribunal da UE (xa o adiantamos na última Asemblea de traballadores PAS).

2.- ESTUDO DO CADRO DE PERSOAL con Garantías LABORAIS. Debe orientarse á SIMPLIFICACIÓN E RACIONALIZACIÓN DOS POSTOS DE TRABALLO: Redución de Grupos conforme ao Estatuto do Empregado Público, recoñecemento da especialización do PAS, evitar a substitución de traballadores por contratacións empresariais externas; garantir que non haberá amortizacións nin conxelacións de salarios e que existirá un procedemento áxil para informar e para a resolución de conflitos.

3.- PLANO DE PROMOCIÓN, CARREIRA E RECOÑECEMENTO PROFESIONAL E ECONÓMICO DAS ESPECIALIZACIÓNS DO PAS (sen modificacións arbitrarias ou "políticas" da RPT, senón explicadas tecnicamente, pactadas e consentidas expresamente por cada afectado cuxos dereitos adquiridos se manteñan).

Todo isto parécenos de sentido común, preguntámonos non obstante se haberá ou non haberá acordo

PRECARIOS SOMOS TODOS!!! E ENTRE TODOS PODEMOS CAMBIAR

SEGUIMOS TRABALLANDO E SEGUIMOS INFORMANDO UGT PRIMEIRA FORZA SINDICAL GALEGA

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PAS-UGT, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PAS-UGT --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-UGT