Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Maio 2008)Voltar á páxina principal de USC-DIFUSIONSubscribirse ou  abandoar  USC-DIFUSION (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Mon, 5 May 2008 14:27:20 +0200
Reply-To:     Secretaría de Deportes <deporsec@USC.ES>
Sender:       "Difusión xeral a toda a USC." <USC-DIFUSION@LISTAS.USC.ES>
From:         Secretaría de Deportes <deporsec@USC.ES>
Subject:      Campionato Galego Universitario de PDI-PAS
Content-Type: text/plain; charset="iso-8859-1"

VICERREITORÍA DE CULTURA Área de Deportes

O sábado 31 de maio de 2008 celebrarase en Lugo o Campionato Galego Universitario de PDI-PAS, coas seguintes modalidades deportivas:

Deportes colectivos:

- Baloncesto masculino - Fútbol sala feminino - Fútbol sete masculino

Para os deportes colectivos, ademáis da preinscrición, a Área de Deportes contará cun seleccionador para confeccionar os equipos.

Deportes individuais:

- Carreira Pedestre, 6 km. Aprox. - Esgrima - Squash - Tenis - Tenis de mesa - Tiro con arco - Xadrez

Podes facer a preinscrición ata o día 14 de maio, como moi tarde, na Oficina de Deportes do Campus de Lugo (Edif. Biblioteca Intercentros) ou na Oficina do Campus de Santiago no 1º andar da Piscina Universitaria, nas extensións 15071, 15073, 23584 ou 42336, ou por correo electrónico a deporsec@usc.es

A partir do día 16 de maio elaborarase e publicarase o programa definitivo que se fará chegar a todos os participantes.

¡Anímate a participar nesta xornada de deporte e lecer en Lugo!

No virus found in this outgoing message. Checked by AVG. Version: 7.5.524 / Virus Database: 269.23.8/1414 - Release Date: 04/05/2008 12:31


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de USC-DIFUSION