Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Maio 2008)Voltar á páxina principal de PAS-CIGSubscribirse ou  abandoar  PAS-CIG (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Wed, 7 May 2008 12:59:00 +0200
Reply-To:     CIG <ciglugo@LUGO.USC.ES>
From:         CIG <ciglugo@LUGO.USC.ES>
Subject:      INFORMACIÓN SOBRE A NEGOCIACIÓN DO CONVENIO COLECTIVO
Content-Type: text/plain; charset="iso-8859-1"

INFORMACIÓN SOBRE A NEGOCIACIÓN DO CONVENIO COLECTIVO.

Como todos sabedes recentemente tiveron lugar asembleas de traballadores en Santiago e Lugo, nas que os sindicatos que forman parte da mesa negociadora informaron dos acordos acadados en materia de dereitos e retribucións, acordos que cumprían os obxectivos definidos na asemblea de xaneiro de 2007 e que polo tanto permitían afirmar que tiñamos todos os elementos dun preacordo de convenio.

Estes acordos consistían en melloras do texto articulado, a homologación parcial cos traballadores mellor pagados do SUG (funcionarios da U. Vigo) e un acordo do estudo e reforma da plantilla. Consultade un resumo dos puntos máis destacados destes acordos no seguinte enderezo web http://www.usc.es/sindicatos/cig/convenioPAS/abril2008-resumo-CIG-acordos-convenio.pdf

O día 22 de abril volveu a xuntarse a mesa negociadora e nesa reunión a xerencia e tódolos sindicatos (CCOO, CIG, CSI-CSIF e UGT) ratificaron os acordos acadados por unanimidade, e acordouse asumir, como base definitiva dun preacordo de convenio, o texto do convenio actual naquelas partes que non foron modificadas, ás que se engadirían os acordos acadados en materia de modificación do texto articulado e retribucións. Agora, con este material, procederase a darlle unha redacción definitiva de preacordo de convenio que, unha vez rematada, entregarase a tódalas/os traballadoras/es para o seu debate e aprobación. A intención de tódalas partes é que o proceso se resolva no prazo dun mes.

Para calquera aclaración podedes dirixirvos aos delegados e delegadas da CIG, ou por correo electrónico nos seguintes enderezos cig_usc@usc.es, ciglugo@lugo.usc.es, ou nas extensións telefónicas dos locais sindicais da CIG 14334 en Santiago e 22459 en Lugo.

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PAS-CIG, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PAS-CIG --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-CIG