Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Febreiro 2008)Voltar á páxina principal de PAS-UGTSubscribirse ou  abandoar  PAS-UGT (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Wed, 6 Feb 2008 12:06:53 +0100
Reply-To:     ugt_usc@USC.ES
From:         Seccion Sindical UGT-USC <ugt_usc@USC.ES>
Subject:      Convenio Colectivo:Categorías.
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

Benqueridos compañeiros e compañeiras

No eido das negociacións cara ao Convenio Colectivo, no actual clima,estamos atentos ás iniciativas xurdidas tanto na USC como noutras universidades galegas.

A aprobación do Estatuto do Empregado Público avanza na idea da homoxeneización dos traballadores públicos a través dunha reducción dos grupos, aplicable dun xeito máis claro no caso dos funcionarios, pero na que os laborais non deberíamos quedar fora.

Nesta liña traballamos, particularmente de cara a ter en conta aos colectivos que ao longo de moitos anos estiveron pouco ou nada favorecidos nos anteriores convenios, así como aqueles postos que, ao formar parte de colectivos moi pequenos (as veces dunha soa persoa) resultan lamentablemente esquecidos.

Moitos de vos achegástesnos a UGT ou a outras centrais as vosas inquedanzas, queixas e suxestións co cal as propostas que nós puxemos enriba da mesa cremos abarcan a todos os traballadores do persoal laboral.

Aínda así, pregámosvos que ninguén quede calado. Enviade as vosas achegas ás centrais, a calquera que vós consideredes. Pola nosa banda ofrecémonos para tratalas con seriedade, rigor e darlle o pulo necesario, defendéndoas na Mesa, na procura da xustiza e o consenso. Ben certo é que nós, coma calquera das outras centrais, temos feito os nosos cálculos e estudos previos pero somos sabedores que éstes nunca deben ser un atranco nin poden estar antepostos ás preocupacións e coñecemento que cada traballador ou colectivo teñen da súa propia situación.

UGT Seguimos traballando e seguimos informando.

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PAS-UGT, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PAS-UGT --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-UGT