Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Febreiro 2008)Voltar á páxina principal de PAS-UGTSubscribirse ou  abandoar  PAS-UGT (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Fri, 29 Feb 2008 12:31:21 +0100
Reply-To:     ugt_usc@USC.ES
From:         Seccion Sindical UGT-USC <ugt_usc@USC.ES>
Subject:      UGT PRIMEIRA FORZA SINDICAL GALEGA.
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

Compañeir@s:

Coma quizás sabedes a través dos medios, UGT vén de renovar a súa posición coma primeira forza sindical galega.

Este feito énchenos de orgullo, de agradecemento aos compañeiros que nos precederon e aos que nos acompañan agora dende todos os sectores da economía e sociedade galega. É ademais unha gran responsabilidade de esforzo e traballo a prol da mellora das condicións laborais da USC. Moito se mellorou!!!!...mais aínda queda por facer...:

UGT- Galicia quere agradecer ós traballadores e traballadoras galegos o ter depositado neste sindicato a súa confianza validando un modelo de acción sindical baseado na concertación que ten dado os seus froitos na negociación colectiva e no diálogo social: Un modelo que sae fortalecido para avanzar nun marco de relacións laborais que mude o sistema productivo e que permita o necesario equilibrio para conquerir a converxencia real coa Unión Europea en termos de emprego estable e de calidade, benestar e cohesión social e sustentabilidade.

A Sección sindical de FETE UGT, síntese partícipe deste xeito de entender as relacións sindicais e a loita a prol do recoñecementos dos dereitos dos traballadores e traballadoras. Cremos que así o vimos demostrando no eido das negociacións de Convenios e outras mesas da USC. Nesta liña... Seguimos traballando e seguimos informando

UGT PRIMEIRA FORZA SINDICAL GALEGA POR UNHA UNIVERSIDADE MAIS DEMOCRÁTICA E MENOS CLASISTA.

Mentras ti queiras : ESTAMOS A SEGUIR.

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PAS-UGT, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PAS-UGT --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-UGT