Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Novembro 2007)Voltar á páxina principal de PAS-UGTSubscribirse ou  abandoar  PAS-UGT (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Mon, 19 Nov 2007 13:19:48 +0100
Reply-To:     ugt_usc@USC.ES
From:         Seccion Sindical UGT-USC <ugt_usc@USC.ES>
Subject:      Reenv: PROPOSTA DE UGT A PROMOCIÓN E CARREIRA
              PROFESIONAL DO PAS
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

----- Reenviouse a mensaxe desde ugt_usc@usc.es ----- Data: Wed, 14 Nov 2007 11:26:46 +0100 De: ugt_usc@usc.es Resposta para: ugt_usc@usc.es Asunto: PROPOSTA DE UGT A PROMOCIÓN E CARREIRA PROFESIONAL DO PAS Para: pas-ugt@listas.usc.es

Benqueridos compañeiros e compañeiras:

No contexto da negociación do convenio, da esperada revitalización da Comisión de Formación e do feito de que no noso programa eleitoral contemplabamos a necesidade de potenciar a CARREIRA PROFESIONAL do PAS, traladamosvos as reflexións que estamos a defender cara a acadar un recoñecemento efectivo do DEREITO Á CARREIRA PROFESIONAL DO PAS

1.- A USC conta cun PAS responsable e cualificado. 2.- Moitos de nòs accedimos ao emprego na USC contando con titulacións superiores as esixidas para o posto de traballo 3.- Noutros casos, o esforzo persoal foi o que acadou que moitos outros de nós nos formasemos por riba do esixido, ao mesmo tempo que cumpriamos coas nosas obrigas profesionais, familares e persoais. Por fin, noutras situacións, o transcurso de moitisimos anos ao servizo da USC permitiunos acadar uns graos de experienza que en moitoas paises e institucions serían recoñecidas como "titulación" a efectos de promoción profesional

Por todolo exposto, a Institución Universitaria debe de crear mecanismos e indicadores para:

PRIMEIRO.- Poñer en valor as titulacións e anos de experienza do PAS no eido da Promoción e Carreira profesional SEGUNDO .- Vencellar anos de experienza como contratado e máis formación cara à estabilización dos contratados TERCEIRO.- Vencellar na provisión de postos de categorías superiores (sempre que non existan contratados de longa duracion neses postos), a experiencia e formación cara á consolidación de promocións dun xeito xusto,transparente e que garanta a igualdade de oportunidades para aqueles en iguais ou semellantes situacións Esta é a base da nosa liña de negociación. É un sistema complexo do que isto é só un breve resumo. Calquera aportación, dúbida crítica ou comentario, podedes facela en ugt_usc@ usc.es; ou na extensión 14335

FETE UGT NA USC, SEGUIMOS INFORMANDO E SEGUIMOS TRABALLANDO

----- Fin da mensaxe reenviada -----

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PAS-UGT, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PAS-UGT --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-UGT