Mensaxe anterior (máis nova) Mensaxe posterior (máis vella) Mensaxe anterior (máis nova)  co mesmo temaMensaxe posterior (máis vella)  co mesmo temaMensaxe anterior (máis nova)  do mesmo autorMensaxe posterior (máis vella)  do mesmo autorPáxina anterior (Novembro 2007)Voltar á páxina principal de PAS-UGTSubscribirse ou  abandoar  PAS-UGT (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Mon, 19 Nov 2007 13:19:48 +0100
Reply-To:     ugt_usc@USC.ES
From:         Seccion Sindical UGT-USC <ugt_usc@USC.ES>
Subject:      Reenv: PROPOSTA DE UGT A PROMOCIÓN E CARREIRA
              PROFESIONAL DO PAS
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

----- Reenviouse a mensaxe desde ugt_usc@usc.es ----- Data: Wed, 14 Nov 2007 11:26:46 +0100 De: ugt_usc@usc.es Resposta para: ugt_usc@usc.es Asunto: PROPOSTA DE UGT A PROMOCIÓN E CARREIRA PROFESIONAL DO PAS Para: pas-ugt@listas.usc.es

Benqueridos compañeiros e compañeiras:

No contexto da negociación do convenio, da esperada revitalización da Comisión de Formación e do feito de que no noso programa eleitoral contemplabamos a necesidade de potenciar a CARREIRA PROFESIONAL do PAS, traladamosvos as reflexións que estamos a defender cara a acadar un recoñecemento efectivo do DEREITO Á CARREIRA PROFESIONAL DO PAS

1.- A USC conta cun PAS responsable e cualificado. 2.- Moitos de nòs accedimos ao emprego na USC contando con titulacións superiores as esixidas para o posto de traballo 3.- Noutros casos, o esforzo persoal foi o que acadou que moitos outros de nós nos formasemos por riba do esixido, ao mesmo tempo que cumpriamos coas nosas obrigas profesionais, familares e persoais. Por fin, noutras situacións, o transcurso de moitisimos anos ao servizo da USC permitiunos acadar uns graos de experienza que en moitoas paises e institucions serían recoñecidas como "titulación" a efectos de promoción profesional

Por todolo exposto, a Institución Universitaria debe de crear mecanismos e indicadores para:

PRIMEIRO.- Poñer en valor as titulacións e anos de experienza do PAS no eido da Promoción e Carreira profesional SEGUNDO .- Vencellar anos de experienza como contratado e máis formación cara à estabilización dos contratados TERCEIRO.- Vencellar na provisión de postos de categorías superiores (sempre que non existan contratados de longa duracion neses postos), a experiencia e formación cara á consolidación de promocións dun xeito xusto,transparente e que garanta a igualdade de oportunidades para aqueles en iguais ou semellantes situacións Esta é a base da nosa liña de negociación. É un sistema complexo do que isto é só un breve resumo. Calquera aportación, dúbida crítica ou comentario, podedes facela en ugt_usc@ usc.es; ou na extensión 14335

FETE UGT NA USC, SEGUIMOS INFORMANDO E SEGUIMOS TRABALLANDO

----- Fin da mensaxe reenviada -----

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PAS-UGT, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PAS-UGT --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-UGT