Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Maio 2007)Voltar á páxina principal de USC-DIFUSIONSubscribirse ou  abandoar  USC-DIFUSION (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Wed, 30 May 2007 18:47:33 +0200
Reply-To:     "Ignacio M. Palacios Martinez" <iafeans@USC.ES>
Sender:       "Difusión xeral a toda a USC." <USC-DIFUSION@LISTAS.USC.ES>
From:         "Ignacio M. Palacios Martinez" <iafeans@USC.ES>
Subject:      cursos intensivos de verán do Centro de 
              Linguas Modernas
Content-Type: multipart/alternative;

O Centro de Linguas Modernas (CLM) organiza no campus de Santiago cursos de inglés, francés, alemán, italiano e portugués específicos para alumnos cunha bolsa Sócrates-Erasmus para o curso 2007-2008.

Estos cursos de 40 horas se celebrarán do 9 ao 20 de xullo. As prazas que queden sen cubrir por estes alumnos serán ofertadas á toda a comunidade universitaria e ao público en xeral. O único requisito é ser maior de 16 anos.

No campus de Lugo organízanse tamén cursos de inglés, francés e alemán tamén para bolseiros Sócrates-Erasmus e outros posibles interesados.

Ademais dos devanditos cursos, no campus de Santiago ofértanse tamén outros de árabe, chinés, grego moderno, catalán, checo, xaponés e ruso, que tamén se celebrarán nestas mesmas datas e cunha idéntica duración. Estos últimos cursos poderán ser convalidables por créditos de libre configuración.

O prezo destes cursos é de 150 euros para membros da USC e de 175 euros para aqueles externos á USC.

A matrícula realizarase a través da páxina web

<http//www.usc.es/idiomas/> ou excepcionalmente de xeito presencial no Negociado do propio CLM.

Para consultas ou maior información:

CENTRO DE LINGUAS MODERNAS FACULTADE DE FILOLOXÍA CAMPUS NORTE SANTIAGO DE COMPOSTELA TELÉFONO 981 56 31.00 EXT. 11757 / 981 54 70 62 Correo electrónico: cen081@si.usc.es

CENTRO DE LINGUAS MODERNAS FACULTADE DE HUMANIDADE LUGO TELÉFONO 981 56 31.00 EXT. 24606 / 24608

Datas de matrícula:

a) Cursos para bolseiros Sócrates-Erasmus (alemán, francés, inglés, italiano, portugués): - do 25 de xuño ao 3 de xullo do 2007, só para bolseiros Sócrates-Erasmus - do 4 ao 6 de xullo do 2007, público en xeral

b) Cursos das outras linguas (árabe, catalán, checo, chinés, grego moderno, xaponés, ruso): - do 25 de xuño ao 6 de xullo do 2007.

Para os cursos de inglés, e có fin de clasificar aos alumnos, o día 6 de xullo haberá unha proba de nivel as 10:00 horas na aula 12 da Facultade de Filoloxía.


[text/html]


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de USC-DIFUSION