Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Maio 2007)Voltar á páxina principal de USC-DIFUSIONSubscribirse ou  abandoar  USC-DIFUSION (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Mon, 21 May 2007 17:17:15 +0200
Reply-To:     valedor@USC.ES
Sender:       "Difusión xeral a toda a USC." <USC-DIFUSION@LISTAS.USC.ES>
From:         valedor@USC.ES
Subject:      Presentación do Proxecto
              Ético Global da USC
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

Estimada/o compañeira/o,

Fai xa algo mais dun ano que aceptei a proposta que me fixo o Sr reitor de coordinar unha comisión que, dentro dun Proxecto Ético Global da USC, se encargara de redactar un Código Ético que sirva de referencia para a actuación da Universidade, tanto internamente como na súa relación coa Sociedade.

Rematado o noso traballo, a Mesa do Claustro acordou someter o documento á consideración do pleno do Claustro da USC na sesión que se vai celebrar o 31 deste mes de maio, e estableceu un procedemento que permite aos claustrais a presentación individual de suxestións ata o día 28.

Na elaboración do Código Ético guiounos o desexo de contribuír á mellora da calidade da USC, e sempre tivemos presente que de seren aprobado, a USC converteríase nun referente para o resto das universidades españolas. Por iso, entendendo que o documento que se someta ao Claustro debe ser o máis completo e plural posible, achégote unha copia do mesmo para que o coñezas, e no caso de que o consideres conveniente nos fagas chegar as túas suxestións. Para iso, e dado o procedemento acordado pola Mesa do Claustro deberás poñerte en contacto cunha/cun claustral, que terá, no seu caso, que facer a oportuna suxestión.

O documento poderás consultalo na seguinte páxina web: http://www.usc.es/valedor/codigo_etico.pdf

Agradecendo a túa colaboración, recibe un cordial saúdo.

Florencio Arce Valedor da Comunidade Universitaria


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de USC-DIFUSION