Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Abril 2007)Voltar á páxina principal de PDI-CCOOSubscribirse ou  abandoar  PDI-CCOO (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Fri, 13 Apr 2007 19:32:05 +0200
Reply-To:     fairia@USC.ES
From:         fairia@USC.ES
Subject:      CC.OO. Informa. Consello de Participación
              Sindical 13/4/2007
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

Resumo da Xuntanza do 13 de Abril do 2007 do Consello de Participación Sindical (CPS) da USC.

Apróbase ó Acta da xuntanza anterior. No segundo punto do día, Criterios de cambios de localidade do PDI, a Vicerreitora de Profesorado expón que sería interesante ir pensando, ó igual que noutras Universidades, no establecemento de criterios para a mobilidade do PDI entre Campus. A Vicerreitora comenta que este tipo de accións nunca deben ?descapitalizar? un dous Campus en favor doutro. O CPS acorda comezar a elaborar unha normativa que regule este cambio de localidade e ata que estea desenvolta non se atenderá ningunha petición.

No punto 3, referente a Transformacións de prazas de PDI, o CPS tomou unha decisión unánime na liña dos criterios establecidos e acordados en xuntanzas anteriores. Así mesmo, a Vicerreitora dixo que se axilizarían os prazos para que estas prazas saíran a concurso entre Maio e Setembro para estar cubertas o 1 de Outubro.

A Vicerreitora entregou unhas liñas xerais para ir traballando nos criterios docentes para definila futura RPT da USC, e comunicou que os Vicerreitorados de Oferta Docente e EEES e Investigación están a traballar no mesmo camiño.

No apartado de Rolda de intervencións, a Vicerreitora informa da saída en BOE da reforma da LOU e a súa entrada en vigor o vindeiro 4 de Maio. Entre as peticións sindicais mais destacables temos, transmitir ao Equipo de Dirección a necesidade de analizar a posibilidade de non cobrar as Taxas de Doutoramento ós PDI da USC, facer pasar polo CPS todas as solicitudes de petición de prazas para ?Ramón y Cajal?, e facilitar en Áreas de difícil captación de profesorado que os Asociados típicos poidan ter relación de investigación coa USC a través de bolsas ou contratos de investigación. Tódolos sindicatos estás de acordo nestes puntos. CC.OO. presenta un borrador do Plan para a igualdade de xénero e a conciliación da vida persoal, familiar e laboral para ir traballando na súa mellora e introducción na USC.

Convócase a vindeira xuntanza para o 11 de Maio.

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PDI-CCOO, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PDI-CCOO --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PDI-CCOO