Mensaxe anterior (máis nova) Mensaxe posterior (máis vella) Mensaxe anterior (máis nova)  co mesmo temaMensaxe posterior (máis vella)  co mesmo temaMensaxe anterior (máis nova)  do mesmo autorMensaxe posterior (máis vella)  do mesmo autorPáxina anterior (Abril 2007)Voltar á páxina principal de PDI-CCOOSubscribirse ou  abandoar  PDI-CCOO (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Fri, 13 Apr 2007 19:32:05 +0200
Reply-To:     fairia@USC.ES
From:         fairia@USC.ES
Subject:      CC.OO. Informa. Consello de Participación
              Sindical 13/4/2007
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

Resumo da Xuntanza do 13 de Abril do 2007 do Consello de Participación Sindical (CPS) da USC.

Apróbase ó Acta da xuntanza anterior. No segundo punto do día, Criterios de cambios de localidade do PDI, a Vicerreitora de Profesorado expón que sería interesante ir pensando, ó igual que noutras Universidades, no establecemento de criterios para a mobilidade do PDI entre Campus. A Vicerreitora comenta que este tipo de accións nunca deben ?descapitalizar? un dous Campus en favor doutro. O CPS acorda comezar a elaborar unha normativa que regule este cambio de localidade e ata que estea desenvolta non se atenderá ningunha petición.

No punto 3, referente a Transformacións de prazas de PDI, o CPS tomou unha decisión unánime na liña dos criterios establecidos e acordados en xuntanzas anteriores. Así mesmo, a Vicerreitora dixo que se axilizarían os prazos para que estas prazas saíran a concurso entre Maio e Setembro para estar cubertas o 1 de Outubro.

A Vicerreitora entregou unhas liñas xerais para ir traballando nos criterios docentes para definila futura RPT da USC, e comunicou que os Vicerreitorados de Oferta Docente e EEES e Investigación están a traballar no mesmo camiño.

No apartado de Rolda de intervencións, a Vicerreitora informa da saída en BOE da reforma da LOU e a súa entrada en vigor o vindeiro 4 de Maio. Entre as peticións sindicais mais destacables temos, transmitir ao Equipo de Dirección a necesidade de analizar a posibilidade de non cobrar as Taxas de Doutoramento ós PDI da USC, facer pasar polo CPS todas as solicitudes de petición de prazas para ?Ramón y Cajal?, e facilitar en Áreas de difícil captación de profesorado que os Asociados típicos poidan ter relación de investigación coa USC a través de bolsas ou contratos de investigación. Tódolos sindicatos estás de acordo nestes puntos. CC.OO. presenta un borrador do Plan para a igualdade de xénero e a conciliación da vida persoal, familiar e laboral para ir traballando na súa mellora e introducción na USC.

Convócase a vindeira xuntanza para o 11 de Maio.

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PDI-CCOO, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PDI-CCOO --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PDI-CCOO