Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Abril 2007)Voltar á páxina principal de PAS-UGTSubscribirse ou  abandoar  PAS-UGT (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Fri, 27 Apr 2007 10:21:32 +0200
Reply-To:     ugt_usc@USC.ES
From:         Seccion Sindical UGT-USC <ugt_usc@USC.ES>
Subject:      Constitución  Comité
              de Empresa
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

Benqueridos Compañeiros e Compañeiras:

Tal e como estaba anunciado, no día 24 DE ABRIL celebrouse a sesión constitutiva do Comité de Empresa de Santiago. A do intercentros retrasouse.

Na sesión inaugural en Santiago, UGT manifestou a súa sorpresa polo feito de que as centrais que máis delegados obtiveron nas eleccións non puxesen enriba da mesa candidaturas concretas para a presidencia e secretaria de cara ás votacións. O único, se cabe, tímidos acenos de que cada un ten en mente posibles candidaturas a modo de cándidos ménage à trois. Xa se sabe que nestes casos é obrigado tomar medidas de seguridade.

Esta decisión, non obstante, resulta moi respectada por nós en tanto que amosa un loable e desexable intento de chegar a pactos e de non consolidar a "pinza entre as máis grandes centrais". En calquera caso, non falamos dun acordo escrito, falamos dun noivado que na nosa opinión foi base para presidir os derradeiros anos do comité.

En mostra desta nova actitude dialogante, democrática, aberta e non avasaladora, na actualidade (e por motivo de idade) a presidencia de Santiago osténtaa o CSI-CSIF e a secretaría UGT. Esta situación posiblemente temporal, é un primeiro paso para o inicio dunha nova etapa na que todas as centrais sexan escoitadas poñendo fin ao entendemento dos máis grandes.

SEGUIMOS TRABALLANDO E SEGUIMOS INFORMANDO PORQUE O NOSO COMPROMISO ES

TI

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PAS-UGT, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PAS-UGT --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-UGT