Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Marzo 2007)Voltar á páxina principal de PAS-UGTSubscribirse ou  abandoar  PAS-UGT (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Thu, 15 Mar 2007 13:42:57 +0100
Reply-To:     UGT-USC <ugt_usc@USC.ES>
From:         UGT-USC <ugt_usc@USC.ES>
Subject:      RV: RECOÑECEMENTO DO LABOR INVESTIGADOR DO PAS
Content-Type: text/plain; charset="iso-8859-1"

Benqueridos compañeir@s:

O próximo 21 de Marzo elíxese o Comité de Empresa do PAS Laboral. O persoal contratado a cargo de proxectos de investigación tedes por primeira vez a oportunidade de participar neste proceso electoral. Os candidatos das listas de UGT queremos presentarnos ante vós, non cunha serie de promesas máis ou menos atractivas, senón cunha serie de accións realizadas nos últimos anos que vos afectan en maior ou menor medida.

UGT foi o primeiro sindicato en organizar cursos específicos para o PAS contratado. O único sindicato en admitir en igualdade de condicións nestes cursos a persoal contratado a cargo de proxectos de investigación.

En UGT temos unha dilatada experiencia e coñecemento dos problemas xerais e concretos que abranguen ao persoal que traballa máis intimamente ligado a funcións de investigación ou apoio a investigación. As nosas listas son encabezadas por persoal que traballa nesas áreas, e por exemplo, nelas figuran todos os Responsables das distintas Unidades de Apoio á Investigación do Cactus.

Foi precisamente no Cactus onde o noso labor sindical a prol dun colectivo desprotexido empeza a dar froitos. Como sabedes, o pasado decembro, o Consello de Goberno da USC aprobou a creación de 13 prazas de Técnicos no Cactus. A creación destas prazas, despois de engadir algunhas modificacións oportunas, deben servir para a estabilización duns postos de traballo contratados irregularmente dende fai anos a cargo dun proxecto. Este é só a punta dun iceberg onde haberá que facer emerxer situacións contractuais e persoais que en casos veñen desenvolvéndose nos últimos 20 anos. Somos conscientes que a estabilidade do persoal contratado a cargo de proxectos, debe contar coa complicidade e colaboración de todas as partes implicadas, nese traballo nos comprometemos.

Nos últimos meses levouse a cabo o peche da Unidade de Análise Elemental no Cactus. Este peche foi xustificado pola Vicerreitoría de Investigación coma unha consecuencia da baixa maternal da única traballadora da Unidade e a imposibilidade de contratación de persoal experimentado en dita técnica. Ademais desviábase o traballo desta Unidade á Universidade da Coruña. Os delegados de UGT no Comité de Empresa, FOMOS OS UNICOS que denunciamos a situación. Os nosos comunicados vía mail á comunidade universitaria por un lado, e a aparición da noticia na prensa por outro, conseguiron que a día de hoxe a mencionada Unidade estea aberta prestando o servizo de análise correspondente e atendido por unha persoa que substitúe a baixa maternal da técnico responsable.

Como vedes o camiño que se nos presenta é longo. A loita negociadora está aberta: acadar a creación dun cadro de persoal estable dedicado á área de investigación e a consecución para o persoal de dereitos laborais e salariais que hoxe non posúen. Nese traballo estamos e nese traballo nos comprometemos porque

O NOSO COMPROMISO ES TI

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PAS-UGT, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PAS-UGT --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-UGT