Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Marzo 2007)Voltar á páxina principal de PAS-UGTSubscribirse ou  abandoar  PAS-UGT (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Tue, 13 Mar 2007 09:22:55 +0100
Reply-To:     ugt_usc@USC.ES
From:         Seccion Sindical UGT-USC <ugt_usc@USC.ES>
Subject:      ESTABILIDADE E PROMOCIÓN
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

Benqueridos Compañeiros e compañeiras,

De cara aos catro próximos anos, UGT esixe que se cumpran as demandas de ESTABILIDADE E PROMOCIÓN para o PAS da USC. A Universidade de Santiago, unha institución de máis 500 anos pioneira en moitos dos eidos nos que se atopa inmersa, debe tamén selo na súa política a prol do Persoal de Administración e Servizos.

Esta é unha reivindicación que, en tanto que sindicato ata agora moi minoritario, vimos demandando no pasado. Agora, co teu apoio, é O TEMPO DE CONSEGUILO

A USC, coma outras Universidades do Estado, xa estabilizou laboralmente aos compañeiros dun importante colectivo. Chegou o momento do PAS, e por iso ESIXIMOS:

- A conversión dos contratos encadeados, en contratos FIXOS

- Sacar á luz e acabar co emprego somerxido realizado baixo a figura de bolseiros ou contratos temporais fóra da RPT.

- Incluír na RPT e no convenio colectivo ao persoal contratado con cargo a proxectos de investigación ou a outras vías de financiamento externas.

- Creación de cadros de persoal de apoio á Investigación dentro do cadro de Persoal.

- A Integración definitiva do Centro de Linguas Modernas (CLM).

- O recoñecemento explícito e efectivo da titulación do PAS como instrumento de promoción.

- O recoñecemento da experiencia laboral do PAS como elemento efectivo de promoción. O Espazo Europeo, que pode beneficiar a outros, ten que incluírnos. A este respecto poñemos ao teu dispor os nosos traballos de seguimento da Fundación Europea de Formación Vocacional e as experiencias noutros países.

- A apertura e plena consideración do PAS laboral de cara a ocupar tarefas de asesoría do goberno da USC, así como para a cobertura de prazas docentes como asociados a tempo parcial.

SEGUIMOS TRABALLANDO E SEGUIMOS INFORMANDO PORQUE O NOSO COMPROMISO ES TI. VOTA UGT

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PAS-UGT, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PAS-UGT --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-UGT