Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Marzo 2007)Voltar á páxina principal de PAS-UGTSubscribirse ou  abandoar  PAS-UGT (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Mon, 12 Mar 2007 09:57:16 +0100
Reply-To:     "Perez Carrillo Elena F." <elena.carrillo@SI.USC.ES>
From:         "Perez Carrillo Elena F." <elena.carrillo@SI.USC.ES>
Subject:      PRESENTACIÓN DO PROGRAMA DE TRABALLO DE FETE UGT. EL
              ECCIÓNS SINDICAIS 2007
Content-Type: text/plain; charset="iso-8859-1"

PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA ELECTORAL 2007. SECCIÓN SINDICAL UGT NA USC

Catro anos dende as últimas eleccións chega unha nova quenda de medir nas urnas a túa opinión sobre o que as forzas sindicais temos feito nestes anos por e para ti. Ti decides.

Sodes moitas as persoas que acudides a nós na procura de asesoramento, apoio, consulta, demanda,.... A vosa actitude é unha gran responsabilidade para nós e, sobre todo, un motivo para sentirnos orgullosos, ao tempo que establece unha referencia que nos permite valorar criticamente cara onde camiñamos. Sinceramente, MOITAS GRAZAS porque para nós é o respaldo definitivo ao compromiso que temos asumido con cada traballador da USC.

Cremos no papel do PAS como colectivo implicado na boa marcha da universidade. Cremos no esforzo realizado polo PAS para acadar unha universidade realmente 'Sobresaliente'. Chegou a hora de que se recoñeza o compromiso que cada traballador ten co seu posto de traballo e coa institución á que representa. CREMOS EN TI.

Cara aos vindeiros catro anos, UGT proponte asinar un contrato polo que nos comprometemos a facer nosos os teus problemas, dúbidas, inquedanzas, en definitiva, os teus intereses laborais. Comprometémonos a manter a nosa liña de SEGUIR INFORMANDO E SEGUIR TRABALLANDO. Comprometámonos a MELLORALA, para incorporar respostas ás críticas que tamén temos recibido de vós.

En conxunto, aspiramos a seguir pelexando por aqueles aspectos que estean de acordo co que ti precisas en cada momento. Nos vindeiros días recibirás máis información sobre cales son as nosas propostas definidas máis polo miúdo: retos, aspiracións e obxectivos deste contrato que te propoñemos subscribir. A consecución destas metas unicamente pode facerse día a día, escoitándote a cada momento e convertendo a túa información no motor da nosa acción.

O labor de UGT na USC baséase en:

1.- Unha liña de traballo seria e comprometida a prol da estabilidade e a promoción profesional, salarial e retributiva 2.- Unha actitude de traballo constante e rigorosa para adaptar os obxectivos xerais programáticos ao que ti precisas en cada momento. 3.- Un compromiso de transparencia e información constante aos traballadores 4.- A nosa dispoñibilidade, para que nunca te atopes so ante as túas teimas socio-laborais

Elixir aos delegados sindicais é importante porque significa que diante da Universidade hai alguén que actúa no teu nome. Aínda que non compartas a nosa idea, existen outras opcións, polo que che facemos unha última petición: ACUDE A VOTAR, DEIXATE OIR, ELIXE DIRECTAMENTE A AQUELES QUE VAN ACTUAR NO TEU NOME.

Sección sindical de FETE-UGT na USC. Podes contactar con nós en ugt_usc@usc.es <mailto:ugt_usc@usc.es> , e en <http://www.usc.es/sindicatos/ugt/> VOTA UGT

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PAS-UGT, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PAS-UGT --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-UGT