Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Marzo 2007)Voltar á páxina principal de PAS-UGTSubscribirse ou  abandoar  PAS-UGT (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Fri, 16 Mar 2007 09:47:47 +0100
Reply-To:     UGT-USC <ugt_usc@USC.ES>
From:         UGT-USC <ugt_usc@USC.ES>
Subject:      CONVENIO COLECTIVO DO PAS LABORAL
Content-Type: text/plain; charset="iso-8859-1"

Benqueridas compañeiras e compañeiros de Lugo e de Santiago

Aínda que esteamos neste tempo de campaña, non esquecemos nin abandonamos os traballos de negociación e de redacción dun novo convenio colectivo para o PAS laboral

UGT, na procura do consenso sindical que favoreza aos traballadores, asinou coas outras dúas centrais con representación no PAS laboral, un acordo marco para a negociación do convenio

ESTA É A NOSA POSTURA

PRIMEIRO.- A QUE XA VOS PRESENTAMOS EN ASAMBLEA. Como sabedes a través da asemblea de traballadores a que acudimos no seu día, UGT propuxo ás demais centrais tres cuestións fundamentais para seguir ou non adiante co convenio.

1.- Solventar os flecos do anterior e en particular o relativo ao cumprimento efecto das promocións nel contidas (oficiais de laboratorio). 2.- Solventar os agravios que derivan da RPT (por exemplo a amortización de prazas do PAS laboral). 3.- Cumprir o acordo para a creación dun cadro de persoal de investigación, E DE TODO O PERSOAL DO CAPÍTULO VI E CONTRATADO POR OUTRAS VÍUAS DE FINANCIAMENTO.

SEGUNDO.- A QUE CONSTA NA NOSA MESAXE ELECTRÓNICA DE 16 de novembro de 2006 (http://www.listas.usc.es/cgi-bin/wa?A2=ind0611&L=pas-ugt&F=&S=&P=61)

Naquel escrito RELACIONADO COA RPT engadimos puntos que tamén son aplicables de cara ao convenio:

1- Un auténtico plan para estabilizar aos contratados PAS da USC 2- Posta en valor das titulacións especificas e da experiencia do PAS laboral 3.- Solventar a cuestión das conserxerías sen necesidade de esperar ao recurso, a través da creación de novos postos 4.- Igualar as condicións de traballo nos campus de Santiago e Lugo

Esta é a posición da UGT ante o convenio. Esta no é unha posición adoptada ante unas eleccións, senón a que vimos defendendo desde hai tempo, a que vos comunicamos por e e-mail e tamén na asemblea. Esta é a postura á que chegamos despois de vos escoitar.

O NOSO COMPROMISO ES TI , VOTA UGT

Podedes contactar con nós no enderezo ugt_usc@usc.es ou nas extensións 14335 e 40070; e coñecer polo miúdo as nosas propostas dos últimos anos na Web http://www.usc.es/sindicatos/ugt. SEGUIMOS TRABALLANDO E SEGUIMOS INFORMANDO,

VOTA UGT

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PAS-UGT, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PAS-UGT --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-UGT