Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Marzo 2007)Voltar á páxina principal de PAS-UGTSubscribirse ou  abandoar  PAS-UGT (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:   Wed, 14 Mar 2007 09:41:15 +0100
Reply-To:   ugt_usc@USC.ES
From:   Seccion Sindical UGT-USC <ugt_usc@USC.ES>
Subject:   RETRIBUCIÓNS DO PAS LABORAL DA USC
Content-Type:   text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

Benqueridos Compañeiros e Compañeiras de Lugo e de Santiago

Loitar para que os incrementos retributivos anuais do PAS sexan acordes coa posición da USC no Sistema Universitario galego e español é un dos retos que a Sección Sindical de UGT se formula para os vindeiros anos.

O Persoal de Administración e Servizos, que contribúe de xeito decidido á excelencia desta Universidade, debe igualmente percibir retribucións xustas:

- Sempre por riba do PIB (evitando a necesidade de actualizacións que nunca son completas e que progresivamente van reducindo a nosa capacidade económica)

- Sempre por diante dos complementos que acorde a Xunta (e non tarde, como ata agora)

- Con incrementos consolidables no salario base de cada grupo

- Con eliminación (por promoción) das categorías peor retribuídas

- Con consolidación dos pluses percibidos

- Con plena asimilación ás retribucións doutros colectivos da Universidade, consonte a antigüidade e formación

Estas reivindicacións forman parte do PROGRAMA DE UGT para o PAS laboral da USC. Son os nosos retos porque non perdemos os ideais do sindicalismo e porque cremos no traballo responsable, no cadro de persoal da USC e porque CREMOS EN TI. APOSTAS POR ELES?

Se precisades máis información sobre o noso programa contactade con nós en ugt_usc@usc.es, ou na extensión 14335 en Santiago e 40070 de Lugo. Tamén podedes obter máis información en http://www.usc.es/sindicatos/ugt.

SEGUIMOS TRABALLANDO E SEGUIMOS INFORMANDO PORQUE O NOSO COMPROMISO ES TI

O DIA 21 DE MARZO, VOTA UGT

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PAS-UGT, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PAS-UGT --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-UGT