Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Marzo 2007)Voltar á páxina principal de PAS-UGTSubscribirse ou  abandoar  PAS-UGT (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:   Thu, 8 Mar 2007 09:54:32 +0100
Reply-To:   ugt_usc@USC.ES
From:   Seccion Sindical UGT-USC <ugt_usc@USC.ES>
Subject:   DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Comments:   To: pdi-ugt@listas.usc.es
Content-Type:   text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

Benqueridos Compañeiros e Compañeiras de Santiago e de Lugo

Hoxe é día 8 de Marzo, Día da Muller Traballadora.

Desde a Sección Sindical de FETE UGT rendemos homenaxe a todas as mulleres que, pouco a pouco, deixan o seu esforzo na procura dun mundo mellor para todos: homes e mulleres, mulleres e homes.

Lembramos ás que no presente traballan cada día na casa e na empresa pública ou privada. Honramos ás que no pasado deixaron os seus esforzos e tamén a súa vida a prol da súa dignidade e dun recoñecemento xusto do seu traballo.

Case dous séculos despois dos feitos tráxicos que hoxe se conmemoran, podería parecer que se esta a facer prehistoria sindical e que o día en si non é mais que un recordatorio de tempos superados. Tristemente, non é así: moitas mulleres padecen precariedade laboral, acosos sexuais, diferenzas salariais... Todo isto só é a punta do iceberg de situacións inxustas máis sutís que aparecen a pouco que escarvemos.

Desde a nosa situación de traballadores do sector público estas diferenzas poderían quedar relegadas á particularidade dunha situación puntual e solventable. Pero cada mañá espertamos cos medios que anuncian outra morte nunha guerra inxusta e desproporcionada que non se circunscribe só ao ámbito doméstico senón a unha realidade patriarcal cada vez máis caduca e desesperada. Coma toda revolución ten o seu custe humano e coma toda revolución é irreversible.

NESTE DÍA DA MULLER TRABALLADORA, COMO VIMOS FACENDO NOS ÚLTIMOS ANOS DESDE A USC, REIVINDICAMOS O PAPEL DA MULLER NA PROCURA DUNHA UNIVERSIDADE CON MATRÍCULA DE HONRA....., e coma sempre... SEGUIMOS TRABALLANDO E SEGUIMOS INFORMANDO PORQUE O NOSO COMPROMISO ES TI.

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PAS-UGT, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PAS-UGT --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-UGT