Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Marzo 2007)Voltar á páxina principal de PAS-UGTSubscribirse ou  abandoar  PAS-UGT (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:   Wed, 28 Mar 2007 15:40:07 +0200
Reply-To:   ugt_usc@USC.ES
From:   Seccion Sindical UGT-USC <ugt_usc@USC.ES>
Subject:   Servizo de Orientación Laboral.
Content-Type:   text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

Benqueridos Compañeiros e Compañeiras:

Retomamos a nosa actividade sindical tras uns días de reflexión, e facémolo cun sabor entre doce e ácedo.

Doce polos resultados electorais e polas felicitacións recibidas polas outras centrais que auguran a posibilidade de catro anos de frutifera unidade sindical.

Áceda polo seguinte:

Se non se fai nada ao respecto, o vindeiro día 30 de marzo pecharáse a Área de Orientación Laboral, pertencente aos Servizos de Apoio ao Emprendemento e ao Emprego (SAEE). Este peche é debido ao remate do período de subvención a través do que se financia o contrato das súas traballadoras.

Este servizo, que ven funcionando dende o ano 1998, ve interrumpido o seu funcionamento casi cada ano por períodos que oscilan entre mes e mes e medio. Pecha na primavera, é decir, xustamente nunhas datas nas que a necesidade e a demanda de información e asesoramento para o emprego dos estudantes e titulados aumenta significativamente. Este ano vese afectada asimesmo a Área de Información Xuvenil, tamén pertencente aos SAEE.

Dende UGT temos apoiada a proposta das altas instancias da USC de fornecer nos dous campus a Área de Orientación Laboral e consolidar o seu cadro de persoal.

Dende UGT: - Preguntamosnos se imos, tanto a Universidade como as Centrais deixar que un ano máis, a Comunidade Universitaria quede privada destes servizos e que o persoal de orientación laboral, paradoxicamente, teña que inscribirse nas oficinas de emprego. - Demandamos que se adopten medidas para estabilizar o Servizo de Orientación da USC e apoiaremos á USC se adopta unha iniciativa que habilite fondos adicionais para manter aberto este servizo de pulo á Comunidade Universitaria dun xeito permanente. - Nós temos a nosa proposta de PLAN de ACCION respeto ao devandito Servizo, pero ademais, estamos totalmente abertos a outras iniciativas para mantelo. E nos poñemos ao dispor de todas as Centrais con presencia na USC, para acadar a unidade de acción eficaz para poñer fin a este desatino do xeito máis consensuado posible.

Estamos seguros de que esta situación, que coincide cun periodo no que aínda non se formou o novo Comité servirá para axilizar a súa URXENTE constitución e para iniciar este periodo postelectoral nun clima de UNIDADE E CONSENSO A PROL DO MANTENMENTO DOS SERVIZOS E DOS POSTOS DE TRABALLO DO PAS LABORAL

Sección Sindical de FETE UGT na USC

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PAS-UGT, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PAS-UGT --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-UGT