Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Febreiro 2007)Voltar á páxina principal de PDI-CCOOSubscribirse ou  abandoar  PDI-CCOO (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Sun, 4 Feb 2007 19:34:57 +0100
Reply-To:     fairia@USC.ES
From:         fairia@USC.ES
Subject:      CC.OO. Informa. Constitución da Mesa
              Sectorial de Universidades de Galicia
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

Proposta de calendario de negociacións presentado por CC.OO.

Hoxe, día 2 de febreiro, constituíuse a Mesa Sectorial de Universidades de Galicia na que están representados a Consellería de Educación, as Universidades e os sindicatos mais representativos do sector. Con este proceso dáse cumprimento a unha reivindicación histórica das organizacións sindicais de constitución deste marco de negociación. A composición da parte social da Mesa é 7 representantes de CIG, 4 CC.OO., 3 UGT e 1 CSIF. Ademais de saudar a constitución da Mesa CC.OO. presentou un escrito da Secretaria Xeral da FE de CC.OO. Rosario Alonso Fernández cunha proposta de temas para elaborar un calendario de negociación que, desde o punto de vista de CC.OO. entendemos, se deben abordar coa maior premura na Mesa Sectorial de Universidades:

1-Renegociación do Decreto 55/2004 sobre complementos adicionais da Xunta de Galicia. 2-Abordar a situación dos profesores contratados LRU e colaboradores logo da modificación da LOU. 3-Negociación de Plans de xubilación para o persoal das universidades. 4-Negociación do establecido na Adicional Terceira do I Convenio Colectivo do PDI laboral do SUG respecto a elaboración dun réxime específico para o persoal investigador suxeito a programas convocados pola Xunta de Galicia. 5-Negociación dun Acordo de Formación de Acción Social para todo o persoal das universidades. 6-Apertura de negociacións de complementos autonómicos para o PAS. 7-Negociación do establecido da Adicional Primeira do I Convenio Colectivo do PDI laboral do SUG sobre a posta en marcha dos sistemas de recoñecemento dos complementos por mérito docente e de productividade investigador a aplicar a partir do 2008 para o profesorado contratado. 8-Apertura de procesos de negociación respecto a selección de persoal investigador nas convocatorias da Xunta para unha mellor transparencia así como os criterios de adxudicación de proxectos ou outras convocatorias.

Logo da sinatura de constitución da Mesa acordouse unha data para a convocatoria da vindeira Mesa na que se elaboraría unha orde do día con temas de negociación que ademais dos aportados por CC.OO. se poideran aportar por parte das organizacións sindicais quedando, por acordo de todos os presentes, para o día 26 de febreiro ás 11.30 horas na Consellería de Educación.

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PDI-CCOO, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PDI-CCOO --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PDI-CCOO