Mensaxe anterior (máis nova) Mensaxe posterior (máis vella) Mensaxe anterior (máis nova)  co mesmo temaMensaxe posterior (máis vella)  co mesmo temaMensaxe anterior (máis nova)  do mesmo autorMensaxe posterior (máis vella)  do mesmo autorPáxina anterior (Febreiro 2007)Voltar á páxina principal de PDI-CCOOSubscribirse ou  abandoar  PDI-CCOO (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Fri, 9 Feb 2007 13:57:48 +0100
Reply-To:     fairia@USC.ES
From:         fairia@USC.ES
Subject:      CC.OO. denuncia o Convenio Colectivo do PDI laboral por
              incumprimento da Adicional 2ª
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

Hoxe, día 8 de febreiro a Secretaria Xeral da F.E. de CC.OO. Rosario Alonso Fernández ven de presentar escrito de denuncia de incumprimento do Convenio Colectivo do PDI laboral do Sistema Universitario Galego formulando reclamación previa polo concepto da acción declarativa de conflicto colectivo contra a Consellería de Educación e as tres Universidades Galegas. Desde CC.OO. entendemos que a Disposición Adicional Segunda supón un claro caso de adhesión por parte do persoal investigador no Convenio Colectivo para o persoal docente e investigador laboral das Universidades de A Coruña, Santiago e Vigo. Adhesión que debería estar cumprida con data 31 de decembro do 2006. Polo tanto, dado que se cumpriron todos os trámites legais e formais e que se está a incumprir a devandita Disposición Adicional Segunda solicitase a aplicación do Convenio ó persoal investigador con efectos do 31 de decembro de 2006. Esta demanda foi presentada debido a falta de unidade sindical á hora de esixir o cumprimento da Adicional Segunda por parte das Universidades que, cunha clara actitude obstruccionista, queren adiar a regulación dos dereitos destes traballadores ou trasladar a súa negociación a marcos que estean fora do propio Convenio Colectivo. CC.OO. mantén, en razón da súa coherencia, a defensa da incorporación do persoal investigador no convenio tal como foi manifestada desde a primeira reunión do Convenio Colectivo. Do mesmo xeito que sempre consideramos que este Convenio supuña un gran avance para os colectivos que viñan acollidos dentro do seu ámbito non podemos permitir que haxa colectivos que queden desregularizados laboralmente. Por outra banda, desde CC.OO. manifestamos que non estamos dispostos a que colectivos de traballadores e traballadoras se queden fora dos censos electorais e velaremos porque os dereitos inalienables de todos os traballadores/as a estar representados nos órganos de representación sindical non sexan cercenados.

En Santiago de Compostela, a 8 de febreiro de 2007

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PDI-CCOO, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PDI-CCOO --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PDI-CCOO