Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Febreiro 2007)Voltar á páxina principal de PDI-CCOOSubscribirse ou  abandoar  PDI-CCOO (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:   Fri, 16 Feb 2007 07:18:54 +0100
Reply-To:   fairia@USC.ES
From:   fairia@USC.ES
Subject:   CC.OO. Denuncia do Convenio. Dereito a réplica
Content-Type:   text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

Dende CC.OO. queremos agradecer a CIG que se preocupe por facernos campaña electoral xa que en ningún momento CC.OO. fixo desta denuncia motivo de propaganda. A denuncia deste Convenio é para CC.OO. un feito triste xa que damos unha imaxe mais propia dunha Universidade dos anos 50 que dun sistema universitario en pleno século XXI e camiñando cara ó EEES. Tamén agradecer a CIG que nos lembre o momento no que estamos. Somos coñecedores do período electoral no que estamos inmersos, pero será que CC.OO. leva 4 anos facendo ?oportunismo? sindical a tódolos niveis coa ?perversa? intención de acabar coa precariedade laboral que moitos sindicatos utilizan como caldo de cultivo para obter os seus votos. Como deberían coñecer os asinantes do Convenio Colectivo, o 31 de Decembro do ano 2006 era a data límite que CC.OO. conseguira forzar na negociación para que as Universidades incluíran ós investigadores no convenio. Dende CC.OO. cremos que case 8 meses de reunións, tanto entre sindicatos, como destes coas Universidades, son suficientes para decidirse a presentar esta denuncia por parte dos sindicatos ou reparar a situación por parte das Universidades. Aínda así se lles ofreceu a tódolos sindicatos varias veces asinar a denuncia, pero por unhas ou outras razóns non quixeron. Chegado este momento CC.OO. decide presentar a denuncia para tratar de forzar ás Universidades a reaccionar e non seguir na situación de ?atrincheiramento? coa complicidade de algún sindicato. CIG pode ter moi claro que CC.OO. seguirá actuando na defensa dos dereitos do persoal das universidades con seu apoio ou sen el. Sería bo que CIG en vez de propoñernos ?traballar? nunha terceira adicional, fixera o posible para que as universidades cumprisen primeiro a segunda adicional tal e como se recollía no convenio. Para CC.OO. o recoñecemento e inclusión do persoal investigador en calquera das súas figuras no convenio e primordial para poder pasar a terceira adicional.

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PDI-CCOO, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PDI-CCOO --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PDI-CCOO