Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Decembro 2006)Voltar á páxina principal de PDI-CCOOSubscribirse ou  abandoar  PDI-CCOO (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Mon, 11 Dec 2006 19:50:41 +0100
Reply-To:     falacia@USC.ES
From:         Jorge Proupin Castiñeiras <falacia@USC.ES>
Subject:      Consello de Participación Sindical
              11/12/06
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

Temas tratados:

1. Aprobación Actas anteriores.

2. A Vicerreitora amosa as súas desculpas por non ter convocada unha xuntanza antes. O Reitor intervén na mesma liña e agradece ós membros do Consello a labor realizada este anos.

3. No terceiro punto, Praza de Profesorado, a Vicerreitora explica a razón da convocatoria dunha praza no Consello de Goberno anterior con defectos de forma. Ante as explicacións CC.OO. solicita que este tipo de situacións non se repitan, e aínda que enténdense as razóns pola que se convocou a praza considera que o incumprimento dos acordos asinados e a utilización da ?excepcionalidade? como criterio para a convocatoria de prazas e moi perigoso e subxectivo. CC.OO. pide que de darse esta excepcionalidade nesta praza se revisen outras decisións semellantes para asegurar a igualdade de tratamento para todo o PDI da USC sen discriminacións. Ante esta situación, a Vicerreitora pide unha vez mais desculpas polo acontecido, asegura que non se vai ter en conta ningunha excepcionalidade nin estudiar o acontecido con outras prazas semellantes e prantexa levar outra vez esta praza ante o Consello de Dirección e posteriormente a Consello de Goberno para que estes tomen unha decisión.

4. A Vicerreitora presenta a proposta de RPT para o 2007. CC.OO. pide que se presente a documentación mais traballada e clara para poder tomar algunha decisión.

5. A vindeira reunión queda para o Venres 22 de Decembro ás 10:00 horas da mañá.

6. En rogos e preguntas os Sindicatos propoñen analizar diferentes puntos como son o: estudiar a fondo a política do Programa Ramón y Cajal e semellantes na USC, a posta en marcha dos acordos asinados co persoal contratado en proxectos consolidados a cargo de I+D, inclusión criterios investigación, etc.

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PDI-CCOO, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PDI-CCOO --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PDI-CCOO