Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Decembro 2006)Voltar á páxina principal de PDI-CCOOSubscribirse ou  abandoar  PDI-CCOO (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Fri, 22 Dec 2006 18:03:04 +0100
Reply-To:     falacia@USC.ES
From:         Jorge Proupin Castiñeiras <falacia@USC.ES>
Subject:      CC.OO.Informa. Consello de Participación
              Sindical da USC o 22/12/2006.
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

Apróbase o Acta da xuntanza anterior. Comeza o traballo, e como cousas importantes que se devatiron, e que xa estaban recollidas nos acordos asinados, podemos destacar: 1. 26 transformacións a PCD e 2 Ramón y Cajal que rematan o seu contrato este ano. 16 transformacións a Prof. Axu. Dr., 16 a Colaborador, 1 a Catedrático de Universidade e 1 a Titular de Universidade. Estas transformacións están pendentes de aprobarse no vindeiro Consello de Goberno. 2. Creación de 8 prazas para adecuar ós Axudantes que rematan o seu contrato no 2007 á situación que teñan en función da súa acreditación. Coas 8 prazas de axudante que quedarían vacantes créase unha bolsa que despois de analizar diferentes necesidades se decidiría en que Área se utilizarían. 3. Compromiso formal para que tódolos docentes con investigación acreditada vaian a 240 horas. 4. Na RPT do 2007 non se contemplan prazas non singularizadas debido a situación económica que atravesa a USC. Esto non significa que si se dan as condicións axeitadas se puideran crear bolsas de prazas non singularizadas de Titular de Universidade como de Contratados. O Equipo de Goberno proporá unha programación anual co obxectivo de captar recursos económicos que poidan acadar este tipo de iniciativas. O Sr. Xerente comenta que a situación económica para o ano 2007 e tremendamente complicada e non da marxe para a creación de ?ningunha praza? que estea fora das introducidas nas negociacións anteriores. 5. O prazo aproximado de saída do concurso das prazas estímase no mes de Marzo (se aparecesen situacións especiais este prazo poderíase adiantar). 6. CC.OO. solicita unha vez mais a estabilización de tódol@s contratados acreditados da USC e que quedaron fora dos acordos, é dicir, o PDI contratado en Áreas excedentarias con anos de vinculación a USC. 7. Se presenta o calendario para elaborar a RPT do 2008 que comezara en xaneiro. Os puntos a tratar serán: a) introducción dos criterios de investigación, docencia e converxencia co EEES, b) estabilización de Ramones y Cajales, Parga Pondales e similares, c) analizar a posible incidencia do Real Decreto de Profesorado, d) analizar o mellor xeito de configurar a RPT do persoal investigador contratado a cargo de proxectos, e) xubilacións anticipadas, f) plan de estabilización de PDI en Áreas excedentarias, g) estudio de criterios para analizar cambios de Campus, h) resolución de caso ?complexos? de PDI, e i) o que poida xurdir e sexa de interese tratar. 8. CC.OO. solicita información da situación actual do programa I3. A Vicerrectora informa que todo sigue segundo o previsto e que o diñeiro obtido se introduce en Capítulo I. A xuntanza remata ás 12:45 horas. Dende CC.OO., e a pesar do espírito que vos embargue despois de ler este mail, vos desexamos Bo Nadal e Próspero Ano Novo. A partires de Xaneiro seguiremos traballando para que o 2008 si sexa un bo ano para tod@s. Pola nosa parte estade seguros que traballaremos para elo. Unha aperta.

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PDI-CCOO, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PDI-CCOO --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PDI-CCOO