Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Setembro 2006)Voltar á páxina principal de PAS-UGTSubscribirse ou  abandoar  PAS-UGT (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Fri, 15 Sep 2006 09:48:07 +0200
Reply-To:     ugt_usc@USC.ES
From:         Seccion Sindical UGT-USC <ugt_usc@USC.ES>
Subject:      INFORMACIÓN PAS LABORAL
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1

Benquerid@s compañeir@s:

Unha vez concluído o período vacacional no que esperamos que houberades pasado unhas máis que ben merecidas vacacións e unha vez reincorporados aos nosos deberes laborais habituais, nós diriximos a vós para informarvos do seguinte:

1º- Unha vez rematadas as eleccións sindicais en UNIXEST, UGT acadou, coma fai uns meses no Servizo de Reprografía da USC, a TOTALIDADE DOS DELEGADOS ELEXIBLES. Congratulámonos por iso e dende aquí poñémonos a disposición dos nosos compañeir@s de UGT en Unixest para prestarlles o apoio que necesiten de nós.

2º- Coma recordaredes, UGT foi o único sindicato que denunciou o funcionamento irregular do Comité de Empresa de Santiago durante máis dun ano. Pois ben, o sindicato CCOO lonxe de criticar unha actitude antidemocrática exercida reiteradamente polo Presidente e Secretario do citado Comité, envía un correo electrónico intentando xustificar o inxustificable baseándose nunha continua intención de tapar o evidente cunha serie de mentiras. A realidade é a seguinte:

a) As actas atrasadas aínda abranguen un período máis amplo que o que dixemos, en concreto dende Xullo do 2005 que non se aprobaban actas do Comité de Santiago. Ademais CONTRARIAMENTE AO COMUNICADO DE CCOO, o día 30 de Maio NON SE PRESENTARON TODAS AS ACTAS QUE FALTABAN, NIN AS PRESENTADAS FORON APROBADAS. b) O 31 de Maio, a proposta de UGT, no Comité de Santiago pactouse un período prudencial para a revisión das actas dos ÚLTIMOS CASE 12 MESES (tratábase de axudar a quen tivo a obriga de redactar as actas, de contribuír a que non faltasen datos, convocatorias, acordos, etc… ) e evitar que AS REFERIDAS ACTAS FOSEN INCOMPLETAS E NON ACORDES COA REALIDADE. O correo electrónico ao que fai referencia CCOO que recibiu o secretario do Comité de Santiago, onde segundo eles foi enviado por unha delegada de UGT que parecía falar no nome de todos, está ao voso dispor na nosa sede. Se alguén o le, verá que ninguén cun mínimo de sentido común pensaría que esa mensaxe forma parte do texto que se achegaría ao Secretario cuxa labor se cuestiona!!!!. Era unha mensaxe dirixida ao resto de delegados e delegadas de UGT. Dita delegada de UGT, envía o anterior correo ao secretario do Comité por erro. Era totalmente obvio que nin ía dirixido ao secretario do Comité, nin falaba no nome de todos

Dende UGT (e creemos que outros sindicatos poden considerar o mesmo) reclamamos transparencia na xestión da USC, pero dita transparencia debe empezar por darse nos órganos de representación sindical, e é IMPRESENTABLE QUE UN ORGANO DE REPRESENTACIÓN DOS TRABALLADORES TEÑA SEN APROBAR, A 31 DE MAIO DO 2006, AS ACTAS DO COMITÉ DENDE XULLO DO 2005.

ADEMAIS, FAI BASTANTES MESES QUE CESÓU COMA MEMBRO DO COMITE DE EMPRESA UN DELEGADO DA CIG ELEXIDO EN REPRESENTACIÓN DOS GRUPOS I E II, DE MOMENTO NON COMUNICARON O SUSTITUTO. E QUE NON LLES IMPORTA O TRABALLO NO COMITE? ¡QUE FALTA DE RESPONSABILIDADE!

SEGUIREMOS INFORMANDO, SEGUIREMOS COMUNICANDO Asinado: Os delegados de UGT no Comité de Empresa de Santiago: Ezequiel Vazquez, Concha de Frutos Eiranova, Jose Villamor Elena Pérez Carrillo, Juan Ponte Mencía. O Delegado de UGT en Lugo: Carlos Roca.

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PAS-UGT, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PAS-UGT --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-UGT