Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Abril 2006)Voltar á páxina principal de PAS-UGTSubscribirse ou  abandoar  PAS-UGT (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Mon, 3 Apr 2006 17:39:38 +0200
Reply-To:     ugt_usc@USC.ES
From:         Seccion Sindical UGT-USC <ugt_usc@USC.ES>
Subject:      Comunicado informativo o PAS Laboral
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1

Benquerid@ compañeir@:

CONTINUANDO CO NOSO COMPROMISO DE INFORMARVOS sobre a mesa de negociación (Atrasos e débedas ao Persoal Laboral da USC)

1.- Con data 21 de Febreiro do 2006 enviamos un escrito con carácter informativo a traverso de USC Difusión. Dito escrito basease en cálculos e análises feitos pola UGT.

2.- Como consecuencia do devandito escrito, cremos que se produciron duas reaccións:

a) Fomos obxecto de ataques polo resto das centrais sindicais diante da propia Xerencia. Atacóusenos por habervos informado da nosa reclamación e” recordóusenos” que somos un sindicato minoritario e sen representación no Campus de Lugo. b) A Xerencia veuse obrigada a eleva-los seus calculos. Tivo que millora-la a súa oferta sobre o pago de atrasos debidos ao PAS Laboral da USC.

3.- Dende hai semanas UGT considera posible chegar a un acordo. As nosas intervencións na Mesa de Negociación foron recibidas con un “ non se entende”, pero, estamos convencidos de que a nosa idea de acordo é doada de entender.

4.- Grazas á negociación, a Xerencia ten disposta unha cantidade para aboar ao PAS Laboral en 2006, unha boa parte dos atrasos. UGT ESIXE QUE ESA CANTIDADE SEXA ABONADA ¡XA!

5.- UGT esixe chegar XA a un acordo sobre os conceptos nos que se fai o pago anterior; e sobre o pago das cantidades non incluidas pola Xerencia nos presupostos do 2006. A base do acordo debe ser que tódo o non abonao neste ano sexa pagado por completo como moi tarde en xaneiro do 2007. O ACORDO DEBE INCLUIR E BENEFICIAR A TODO O PAS LABORAL, segundo a nosa proposta na Mesa de Negociación.

6.- Cremos que é posible chegar a un acordo sobre estas bases. Esperamos que esta vez, si que haxa Unidade Sindical; e confiamos en que a Xerencia tamén recoñeza estas xustas reivindicacións do PAS laboral, como parece que ven sendo a súa tónica nas últimas reunións.

Seguiremos informando e estamos abertos as vosas suxestións ( ugt_usc@usc.es).

Asinado

Ezequiel Vazquez y Elena Pérez Carrillo como membros da Mesa Negociadora pola UGT.

Concha de Frutos y José Manuel Rodriguez Villamor como asesores da UGT.

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PAS-UGT, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PAS-UGT --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-UGT