Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Abril 2006)Voltar á páxina principal de PAS-UGTSubscribirse ou  abandoar  PAS-UGT (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Tue, 18 Apr 2006 09:42:00 +0200
Reply-To:     ugt_usc@USC.ES
From:         Seccion Sindical UGT-USC <ugt_usc@USC.ES>
Subject:      UGT difusión Acordo PAS Laboral
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1

UGT DIFUSION DO ACORDO DO PAS LABORAL:

“ACORDO DA MESA NEGOCIADORA DO CONVENIO COLECTIVO DO PERSOAL LABORAL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO

O Convenio colectivo do persoal laboral da USC asinado en abril do 2002 foi denuciado ao remate da súa vixencia en decembro do 2004. Constituída a mesa negociadora do novo convenio, esta acorda a proposta da parte sindical, abordar con carácter previo a discusión normativa, o peche das reclamacións económicas para o periodo 2002-06 relativo aos seguintes puntos:

Distribución dos fondos de calidade para a mellora e modernizació dos servizos públicos establecidos pola lei 6/2002 de 17 de decembro sobre orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, fixados na disposición adicional 10% nun 0,6% da masa salarial.

Distribución dos fondos de calidade para a mellora e modernización dos servizos públicos establecidos pola lei 13/2004 de 29 de decembro sobre orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, fixados na súa disposición adicional 2ª nun un 0,5% da masa salarial.

Distribución dos fondos de calidade para a mellora e modernización dos servizos públicos establecidos pola lei 7/2005 de 29 de decembro sobre orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, fixados nun 0,5% da masa salarial.

Compensación polo incumprimento da disposición adicional 3ª do convenio colectivo denunciado. Unha vez suscitada a negociacion entre a Universidade de Santiago e a Mesa Negociadora do Convenio Colectivo para o persoal laboral, acadouse o seguinte.

ACORDO

1.- Establecer un complemento de produtividade por importe de 163,00 euros anuais non consolidables durante o periodo 2002-2006 2.- En relación aos fondos establecidos na lei 6/2002 de 27 de decembro sobre orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, fíxase a súa contía para o ano 2003 en 111 euros anuais por efectivo e as súas derivas nas seguintes contías: 113,22 euros para o ano 2004; 115,48 euros para o ano 2005, e 117,79 euros para o ano 2006 por efectivo e ano. Asimesmo acórdase o carácter consolidable da cantidade anterior a partir de 1 de xaneiro de 2007. 3.- Os fondos de calidade que establecen a Lei 13/2004 de 29 de decembro sobre orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005, e a Lei 7/2005 de 29 de decembro sobre orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006 incorporaránse à masa salarial nas seguintes contías: 55.131,00 euros para o ano 2005, e 56.442,00 para o ano 2006 unha vez que a dita masa sexa actualizada a 31 de decembro de 2006, sustituíndose así o anterior límite máximo establecido para a masa salarial, para os efectos da negociación do convenio colectivo futuro, segundo o establecido na normativa ao respeto. Como consecuencia do anterior queda fixado un fondo adicional por importe de 167.800,00 euros, do que se acordará o sistema de reparto no marco do convenio colectivo. 4.- No mes de abril do ano 2006, a USC procederá ao pago de 111 , 00 euros en concepto de fondos de mellora da Lei 6/2002 e 489,00 euros en concepto de productividade correspondente aos anos 2002, 2003, e 2004. 5. No mes de xaneiro do ano 2007, a USC comprométese ao pago das derivas dos fondos da Lei 6/2002 correspondetes ao periodo 2004/06 e do complemento de produtividade dos anos 2005/06. 6.- Os efectos económicos do convenio colectivo que negociará a mesa que asina este acordo, non serán anteriores a 1 de xaneiro de 2007, excepción feita de reclasificacións de postos de traballo e categorías profesionais. 7.- Co presente acordo, a parte social considera satisfeitas as débedas que a USC tiña contraídas a 31 de decembro de 2006, no marco do convenio coletivo actual.

O que asinan en mostra de conformidade en Santiago, 7 de abril do 2006.”

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PAS-UGT, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PAS-UGT --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-UGT