Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Abril 2006)Voltar á páxina principal de PAS-UGTSubscribirse ou  abandoar  PAS-UGT (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Tue, 18 Apr 2006 09:35:24 +0200
Reply-To:     ugt_usc@USC.ES
From:         Seccion Sindical UGT-USC <ugt_usc@USC.ES>
Subject:      Comunicado UGT PAS Laboral
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1

Benquerid@s compañeir@s:

O venres día 7 de Abril os representantes das 3 centrais sindicais asinamos un acordo económico que vos achegamos noutro email para a vosa valoración.

Por outra banda, o luns día 10, tivemos unha reunión do Comité de Empresa de Santiago con carácter extraordinario, onde o único punto da orde do día era o “ Debate sobre as negociacións que se están desenvolvendo do Convenio Colectivo, e información sobre as mesmas ao cadro de persoal”. (transcripción literal da convocatoria de reunión que non compartimos porque do convenio aínda non hai atisbo de negociacións).

Nesta reunión apróbase o envío dun escrito o persoal cos votos a favor de CCOO e CIG e a nosa abstención, baseada ista, por un lado na imposibilidade de apoiar un escrito que ataca as nosas actuacións na mesa e por outro, non votamos en contra do devandito envío POLO NOSO CONVENCEMENTO DO DEREITO A LIBERDADE DE EXPRESIÓN.

Na mesma xuntanza apróbase a convocatoria dunha Asamblea Xeral, esta vez sí co noso voto favorable, onde estaremos encantados de facer as aclaracións oportunas e transmitir TODO o que saibamos a TODO o PAS laboral.

SEGUIREMOS INFORMANDO PORQUE É A NOSA OBRIGA E O VOSO DEREITO.

Aproveitamos para saudarvos e lembrar que estamos a vosa disposición no email ugt_usc@usc.es.

Os representantes e asesores de FETE-UGT na mesa de negociación.

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PAS-UGT, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PAS-UGT --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-UGT