Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Febreiro 2006)Voltar á páxina principal de PDI-CCOOSubscribirse ou  abandoar  PDI-CCOO (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Thu, 23 Feb 2006 10:15:38 +0100
Reply-To:     Xurxo Proupin Castiñeiras <falacia@USC.ES>
From:         Xurxo Proupin Castiñeiras <falacia@USC.ES>
Subject:      Resumen da Xuntanza da Mesa de Negociación  do
              Convenio
              Colectivo do PDI laboral do SUG do día 21 de 
              Febreiro do 2006.
Content-Type: text/plain; charset="iso-8859-1"; format=flowed

Apróbase o Acta da reunión anterior con pequenas modificacións. Nun primeiro momento ó representante da Xunta de Galicia explica cal é a postura da Xunta nesta negociación e cándo vai a estar formalizada a Mesa Sectorial de Universidades. O Director Xeral de Universidades de xeito moi resumido comenta: 1) A Xunta de Galicia comprométese a estudiar seriamente a posibilidade de que o PDI laboral teña acceso ás retribucións adicionais vinculadas a méritos individuais docentes, investigadores e de xestión tal e como marca o Decreto 55/2004 canto antes e explicando que este ano é imposible por razóns de presuposto, 2) Que a Mesa Sectorial estará constituída antes do mes de Xullo e que esta Mesa será o foro ideal para a negociación do punto anterior e outras moitas cuestións, 3) Comprométese igualmente a buscar unha solución conxuntamente coas Universidades para que o PDI laboral teña acceso a un complemento equivalente ós quinquenios en caso de que o Ministerio non lles dea outra solución. A mesma postura e aplicable para os sexenios. Para os quinquenios ponse unha data límite, o 31 de Decembro do 2007. Finalizada a intervención do Director Xeral se retoma o punto das retribucións para os Axudantes e Axudantes Doutores que aparecerán proximamente. Despois de moitas discusións apróbase o seguinte: para os axudantes unha mellora retributiva sobre a presentada polas Universidades dun 5 % incluíndo a suba salarial común do persoal para este ano coa actualización do IPC e un 3 % mais suba salarial común do persoal para o vindeiro ano (isto supón aproximadamente unha suba "real" moi cércana ó 8 %), para os Axudantes Doutores o soldo equipararase de aquí ó 2007 ó dun T3-TC supoñendo isto unha suba real fronte o proposta polas Universidades superior ó 12 %. Acórdase que os puntos referidos a vacacións, excedencias e regulamento disciplinario van seguir o mecanismo aplicable ós funcionarios. Tamén se marca como data de vixencia do Convenio o 31 de Decembro do 2007 có compromiso de comezar a nova negociación no verao do 2007. Levántase a Mesa a espera da redacción final de todo o acordado plasmado no Convenio e deixase para rematar este Convenio o tema dos investigadores, punto clave para CCOO e reclamado varias veces, e a firma. Despois deste mail recibiredes outro moi interesante e que deberiades ler para que quedase claro o que cada sindicato e fai e o que di que fai. É a proposta que CCOO entregou antes de comezar esta xuntanza e que consta en Acta. CCOO pensa que o proceso de elaboración do Convenio Colectivo que se está a levar no SUG e demasiado serio para que entre sindicatos esteamos intentando sacarlle proveito electoral. Ata o momento consideramos que polo ben da negociación a información masiva non era axeitada e que podería dificultar a negociación en si. Parece que a medida que se acerca o final da negociación e o comezo da campaña electoral en dous Universidades, as normas se incumpren por intereses políticos, cousa que un sindicato nunca debería facer. Para CCOO o obxectivo prioritario era acadar un bo Convenio Colectivo para non só o PDI laboral senón para todo o persoal investigador da USC. Se queredes coñecer a evolución das negociacións podedes solicitala nos seguintes mail ecrespo.apg@galicia.ccoo.es o ecrespo@edu.xunta.es.

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PDI-CCOO, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PDI-CCOO --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PDI-CCOO