Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Febreiro 2006)Voltar á páxina principal de PDI-CCOOSubscribirse ou  abandoar  PDI-CCOO (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Thu, 23 Feb 2006 10:18:23 +0100
Reply-To:     Xurxo Proupin Castiñeiras <falacia@USC.ES>
From:         Xurxo Proupin Castiñeiras <falacia@USC.ES>
Subject:      NOVAS PROPOSTAS DE CCOO PARA ENGADIR NO CONVENIO COLECTIVO DO PDI
              LABORAL DO SUG
Content-Type: text/plain; charset="iso-8859-1"; format=flowed

Dende CCOO, e ante o estancamento das negociacions entre as centrais sindicais e Goberno das Universidades do SUG para a elaboración do Convenio Colectivo do PDI laboral, quérese facer un esforzo por acadar unha vía de solución que permita a elaboración deste primeiro Convenio Colectivo, elemento que consideramos como pedra fundamental para a incorporación e integración definitiva do PDI laboral no SUG. CCOO, perfecto coñecedor da situación económica das nosas Universidades e da problemática global na que estas están inmersas, e sen renunciar ás súas reivindicacións de mellora laboral para este colectivo, propón que: 1) Tanto as centrais sindicais como as Universidades, instarán ó Representante da Comunidade Autónoma de Galicia a comprometerse institucionalmente a poñer en funcionamento antes do mes de Xuño do 2006 a Mesa Sectorial de Universidades como organismo negociador e foro de debate para acadar melloras sociais e laborais para todo o seu persoal, 2) As Universidades do SUG se comprometen a manter e axilizar os procesos de estabilización nas figuras LOU correspondentes de todo o seu PDI contratado na actualidade, 3) Acadar un aumento salarial do 15 % neste ano e no vindeiro a maiores do IPC "real" para as figuras de axudante e axudante doutor por considerar a estas as mais precarios dende o punto de vista retributivo, 4) Neste Convenio Colectivo quedará recollido por escrito a obriga das Universidades do SUG de instar ó Goberno Central dende tódolos foros posibles para modificalo Real Decreto 1086/1989, do 28 de Agosto, sobre as Retribucións do Profesorado Universitario para que sexa aplicable ó PDI laboral do SUG, 5) Este Convenio Colectivo recollerá expresamente a obriga das partes asinantes a instar ó Goberno Autonómico, a través da Mesa Sectorial e/ou calquera outro procedemento, para a posta en marcha de xeito inmediato do proceso que permita ó PDI laboral e demais persoal investigador fixo do SUG acceder ás retribucións adicionais vinculadas a méritos individuais docentes, investigadores e de xestión tal e como marca o Decreto 55/2004 do 4 de Marzo publicado no DOG Nº 56 de 22 de Marzo do 2004. De non ser así, ó remate do presente convenio, as Universidades comprométense a abrir unha vía de negociación para a creación dun "Complemento de Adicación Docente" equivalente ós quinquenios para o PDI laboral do SUG e que axude a equiparar ás retribucións, e 6) As Universidades do SUG se comprometen a enviar un informe trimestral ós axentes sociais informándoos da evolución das negociacións có Goberno Central e Autonómico.

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PDI-CCOO, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PDI-CCOO --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PDI-CCOO