Date: Thu, 12 Jan 2006 14:08:56 +0100
Reply-To: CSI-CSIF <csi-csif@USC.ES>
From: CSI-CSIF <csi-csif@USC.ES>
Organization: USC
Subject: NEGOCIACIÓN DO CONVENIO COLECTIVO PDI LABORAL
Content-Type: text/plain; charset="iso-8859-1"
COMUNICADO DO SECTOR AUTONOMICO DE UNIVERSIDADE DE GALICIA:
O día 10 de Xaneiro, reúnense os membros da Mesa Negociadora do Convenio
Colectivo do PDI das Universidades publicas galegas. Na reunión entréganse
as propostas de CSI-CSIF sobre
1.-CLASIFICACIÓN PROFESIONAL
a.) Funcións do persoal contratado Regulamentadas na LOU e no Decreto
Autonómico
b.) Modalidades contractuais: Regulamentadas na LOU e no Decreto
Autonómico
c.) Réxime do persoal contratado: Regulamentado nalgún aspecto na LOU e
no Decreto Autonómico
2.-ORGANIZACIÓN E PLANIFICACIÓN DO TRABALLO
a.) Competencias sobre organización do traballo: Regulamentado nos
estatutos de cada universidade
3.- COBERTURA DE POSTOS DE TRABALLO
a.) Selección e provisión: LOU. Decreto Autonómico, Estatutos e
Normativas específicas de selección de cada universidade
Foron contrastadas as diversas propostas das universidades e das
organizacións sindicais sobre clasificación profesional. O debate centrouse
na busca de fórmulas para facer compatíbel o disposto nos estatutos das
universidades publicas galegas e as suas respectivas normas, surxidas ao
amparo da Autonomía Universitaria, e a harmonización do Convenio Colectivo
para as
tres Universidades. O día 18 de Xaneiro reunirase de novo a Mesa de
Negociación.
&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&
Sector Universidades de CSI-CSIF GALICIA
Local Sindical USC Santiago
Avda. das Ciencias S/N baixo.
Horario de atención no local:
Diario de 10 a 13 h.
Telf.981563100 Ext. 14371
csi-csif@usc.es
http://www.csi-csif.es/galicia
Santiago de Compostela