Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Novembro 2005)Voltar á páxina principal de PAS-CCOOSubscribirse ou  abandoar  PAS-CCOO (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Mon, 14 Nov 2005 18:08:55 +0100
Reply-To:     Emilio Crespo <ecrespo.apg@GALICIA.CCOO.ES>
From:         Emilio Crespo <ecrespo.apg@GALICIA.CCOO.ES>
Subject:      Revisión Convenio
Comments: To: pas-ccoo@listas.usc.es
Content-Type: text/plain; charset="iso-8859-1"; format=flowed

CC.OO -USC INFORMA

Dado que dende a súa constitución non volvera a reunirse, a sección sindical de CC.OO solicitou formalmente á Xerencia da USC a convocatoria urxente da mesa negociadora do Convenio Colectivo.

CC.OO. promove a convocatoria da mesa negociadora logo de insistir reiteradamente ante os demais sindicatos na conveniencia de dar este paso e considerando que dilatar máis o tempo transcorrido dende a finalización da vixencia do anterior convenio só pode carrexar prexuízos para os traballadores e traballadoras.

A Sección Sindical de CC.OO ten aprobado xa fai tempo un borrador de propostas de mellora para o próximo convenio, pero coidamos que na mesa de negociación debe presentarse unha proposta sindical conxunta, no marco da unidade de acción entre tódolos sindicatos representativos.

Con este fin tamén temos promovido unha convocatoria de tódolos sindicatos de cara á formulación dunha proposta unitaria coa que concorrer na mesa negociadora, entendendo que só deste xeito a proposta pode integrar as expectativas do conxunto da plantilla. Con esta mesma intención, calquera aportación que nos fagades chegar será tida en consideración.

É intención de CC.OO. mantervos informados puntualmente do desenvolvemento de todo o proceso negociador do novo convenio, Con este fin farémosvos chegar mediante comunicación escrita ou electrónica todas aquelas cuestións ou novidades que teñan o carácter de relevantes.

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PAS-CCOO, envia unha mensaxe a LISTSERV@SRLISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PAS-CCOO --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PAS-CCOO